Astacus astacus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cangrexo nobre,[1] Astacus astacus, é un cangrexo de río da familia Astacidae.[2] Habita os ríos de Europa, se ben hai países onde foi introducido, como Reino Unido, Luxemburgo, Ucraína, Chipre, Liechtenstein e posiblemente en Italia e Montenegro.[2] Fóra de Europa introduciuse en Marrocos.[2] A cor da súa parte dorsal varía entre a marrón verdosa e a marrón escura, sendo a súa cara ventral máis clara, de cor arroibada-alaranxada.[3] Os exemplares adultos poden superar os 10 cm de lonxitude.[3]

Esta especie encóntrase ameazada pola afanomicose, o dragado de cursos de auga e pola choiva ácida.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 8 de xullo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Edsman, L., Füreder, L., Gherardi, F. & Souty-Grosset, C. (2010). "Astacus astacus". IUCN Red List of Threatened Species. Version 2011.2 (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Crayfish of Romania. "Astacus astacus (Linnaeus 1758)" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]