Jim Wright
| Jim Wright | |
|---|---|
| Posición | Pivote |
| Dorsal # | 5 |
| Altura | 2,05 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Nacemento | 28 de marzo de 1959 (54 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1981–1991 |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (ACB) | |
| Puntos | 2 820 (22,7 pp) |
| Rebotes | 1 207 (9,7 pp) |
| Tapóns | 177 (1,4 pp) |
| Premios | |
|
|
James Leroy Wright Jr., máis coñecido como Jim Wright ou Jimmy Wright, nado o 28 de marzo de 1959 no estado de California, Estados Unidos de América, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou na NCAA e na Liga ACB entre outras competicións. Está considerado un dos mellores "matadores" historia da ACB.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Rhode Island U. (1981)
Los Andinos (1983)
Peñas Huesca (1983–1984)
Breogán Lugo (1984–1986)
Cañada Santa Fé (1986)
Peñas Huesca (1986–1987)
Valvi Girona (1988–1989)
SL Benfica (1991)
Marcha do Breogán [editar]
En plena tempada de éxitos do Breogán, Jim Wright di que abandona o equipo tralo seu partido o 29 de xaneiro de 1986 no Pionir Hall de Belgrado, nun encontro no que anotou 42 puntos ao Estela Vermella. Segundo o club no seu momento, o abandono do club do xogador debíase a presuntas ameazas de morte por parte da xente que subministraba cocaína ao xogador, droga a cal as mesmas fontes do club dicían que estaba enganchado. Segundo a versión de Wright abandonaba o club por mor de problemas persoais. Con todo a lembranza que deixou o xogador en Lugo foi moi grande sendo un dos ídolos da afección e un dos xogadores máis queridos.[2]
Rexistros [editar]
- É o quinto xogador da historia da liga ACB con maior media de puntos por encontro con 22,5.
- É o décimo xogador da historia da liga ACB con maior media de rebotes por encontro con 9,4.
- É o quinto máximo anotador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 1254 puntos.
- É o cuarto máximo anotador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo durante a existencia da ACB con 1254 puntos.
- É o quinto máximo reboteador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 532 rebotes.
- É o terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 84 tapóns.
Curiosidades [editar]
- Ten un papel con diálogo na película "La vieja música" (do castelán: A vella música), na que interpreta ao pivote titular do Club Baloncesto Breogán, Art Davis, que se fai amigo da filla pequena do adestrador.[3]
- O seu fillo Devin Wright, nacido en Lugo, é tamén xogador de baloncesto, chegando a xogar coa selección galega.[4]