CATIA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo CATIA.jpg
  CATIA
Fax 1.jpg
Pantalla CATIA, deseño dunha hélice
Desenvolvedor: Dassault Systèmes
Última versión: V6r2013x (novembro de 2012)
Sistema operativo: Unix
Windows
Xénero: CAD 3D
Licenza: Propietaria
En galego: Non
Sitio web: 3ds.com/products/catia

CATIA (en francés: «Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive Appliquée») é un programa para CAD 3D deseño asistido por ordenador, este software foi creado pola compañía Dassault Aviation para as súas propias necesidades como o sistema CATI (acrónimo de deseño asistido interactivo en tres dimensións). Dassault Systèmes foi creado en 1981 para asegurar o desenvolvemento e o mantemento baixo o nome de CATIA, IBM fíxose cargo da comercialización do programa.

Historia[editar | editar a fonte]

CATIA naceu como un proxecto interno na década de 1970 do fabricante de avións Dassault Marcel , mentres que o software era de CADAM, da empresa Lockheed.

O software foi chamado primeiro CATI (Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive), pero foi rebautizado como CATIA en 1981. Nese momento, Dassault creou unha filial encargada do desenvolvemento e a comercialización do CAD, e firmou con IBM unha distribución non exclusiva.

En 1984, Boeing seleccionou CATIA como a súa principal ferramenta de CAD, e pasou a ser o principal cliente.

En 1988, durante a transición á versión 3, CATIA pasa dende mainframes a plataformas UNIX .

En 1992 CADAM foi comprado por IBM e o ano seguinte CATIA V4 CADAM saiu ao mercado.

En 1996 o número de plataformas UNIX compatibles con CATIA V4 pasou dun a catro, que agora inclúe IBM AIX, Silicon Graphics IRIX, Sun Microsystems SunOS e Hewlett-Packard HP-UX .

En 1998, unha versión completamente re-escrita de CATIA publicase: CATIA V5. Esta versión foi programada para Microsoft Windows mentres mantíñase a dispoñibilidade baixo UNIX, o negocio Mainframe foi abandonado.

En 2008, sae unha nova versión chamada V6.

Empresas que empregan CATIA[editar | editar a fonte]

  • Aviación: Boeing, Bombardier Aviation, Dassault Aviation, SNECMA, Airbus, Eurocopter, Thales, Safran, SONACA
  • Espazo: Astrium
  • Construción naval: Groupe Bénéteau, Meyer Werft, US Navy para o USS Virginia (SSN-774) primeiro submarino norte americano deseñado por ordenador, grupo DCNS.
  • Arquitectura: Frank Gehry incluído o Museo Guggenheim Bilbao.
  • Automóbiles: Microcar, Michelin, Renault, Renault Sport F1, PSA, BMW, Daimler, Toyota, Honda, Porsche, Audi, Mygale, Goodyear, Carat Security Group, Autoliv, Valeo, Plastic Omnium AutoExterior, Faurecia, Renault Trucks.
  • Ferroviario: Alstom, Bombardier, CAF
  • Reloxos: Swatch Group
  • Electrónica: Nokia, LG, Thales
  • Produtos de grande consumo: Arc International
  • Manufactura: Rotarex
  • Investigación: CERN, Fermilab, CNRS
  • Enerxía: Iter, Hydro-Québec, Alstom Power Bergeron

En Galiza Televés emprega CATIA nos seus deseños.

Deseños con CATIA[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]