César Raña Dafonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Raña Dafonte
Biografía
Nacemento29 de febreiro de 1940
Deixebre, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 2018
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólica
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesor Titular de Universidade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePilar Díez Gutiérrez
FillosCesar Raña Díez, Pablo Raña Díez

Dialnet: 169913

César Lorenzo Raña Dafonte, nado en Deixebre (Oroso) o 29 de febreiro de 1940 e finado en Santiago de Compostela o 17 de novembro de 2018, foi un filósofo e profesor universitario galego, especialista en filosofía medieval. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca e en Filosofía e Letras (sección Filosofía) pola Universidade de Salamanca. Membro fundador da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía, desempeñou o seu labor docente entre 1974 e 2011 como profesor do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1977 en Filosofía cun estudo sobre Ángel Amor Ruibal. Tras a súa xubilación en 2011 foi nomeado profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

César Raña Dafonte naceu o 29 de febreiro de 1940 na parroquia de Deixebre do Concello de Oroso, próximo a Santiago de Compostela. Foi un dos oito fillos do matrimonio de Lola Dafonte con Pedro Raña Couselo. O seu pai, coñecido mestre nacional na localidade, finou en 1946 de xeito prematuro cando César Raña tiña seis anos de idade. A lembranza veciñal do seu pai transmitiuse no alcume co que foi coñecido en Deixebre, "César do Mestre". Afeccionado ao fútbol, xogou na mocidade como defensa central nos equipos da Sociedade Deportiva Deixebre, Sociedade Deportiva Club Órdenes e La Pontificia de Salamanca[2].

En 1950 ingresou como estudante interno no Seminario Conciliar de Santiago, iniciando posteriormente os seus estudos de Teoloxía e Filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca, onde tivo como mentores académicos a profesores como o padre mercedario Vicente Muñoz Delgado e o padre dominico Guillermo Fraile. En 1963 licenciouse en Teoloxía e en 1965 en Filosofía. En 1965 incorporouse como docente ao Seminario Menor da Asunción de Belvís. En 1971 licenciouse en Filosofía e Letras (sección Filosofía) pola Universidade de Salamanca. Ordenado sacerdote, secularizouse posteriormente e casou en decembro de 1975 con Pilar Díez Gutiérrez, natural de Palencia e licenciada en Químicas, con quen tivo dous fillos, César e Pablo Raña Díez[3].

De regreso a Santiago de Compostela, impartiu docencia en bacharelato no Colexio Peleteiro, sendo director do seu internado. En 1974, Carlos Baliñas Fernández, promotor da creación nese mesmo ano da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, solicitoulle a súa incorporación como docente universitario. En 1977 doutoruse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La concepción de la divinidad en el pensamiento de Amor Ruibal. Durante a súa carreira docente e investigadora universitaria formou parte das principais sociedades españolas e internacionais no eido da filosofía medieval, como a Sociedad de Filosofía Medieval ou a Société Internationale pour l’Étude de la Philosophie Médiévale, sendo un colaborador habitual da Revista Española de Filosofía Medieval con artigos de investigación e traducións do latín medieval[4].

En 1993 fundou, xunto con outros profesores das tres universidades galegas, a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), desempeñándose como tesoureiro na súa Xunta Directiva e colaborando activamente coa organización dos bienais Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago promovidos pola SIFA[5].

Xubilouse en 2010 e foi nomeado profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela. Como homenaxe, impartiu a lección maxistral de inauguración do curso académico 2011-2012 da Facultade de Filosofía co título Exsilium hominis ignorantia. Una lección del siglo XII.[6][7]

Finou o 17 de novembro de 2018 en Santiago de Compostela, sendo enterrado o 19 de novembro na súa parroquia natal de Santa María de Deixebre en Oroso[8].

Labor intelectual[editar | editar a fonte]

O seu labor investigador desenvolveuse en dúas etapas. En primeiro lugar, centrouse na investigación sobre o filósofo galego Ángel Amor Ruibal, a quen dedicou a súa tese de doutoramento no ano 1977. En segundo lugar, investigou activamente sobre filosofía medieval desenvolvendo unha tripla actividade de tradutor, investigador e divulgador, especializándose na etapa histórica coñecida como o Renacemento do século XII e en autores como Pedro Abelardo e Xoán de Salisbury. Ao tempo, tamén traballou sobre a figura do filósofo medieval galego Pedro Compostelán.

Na primeira etapa, centrada en Amor Ruibal, interesouse pola nova metafísica formulada por Amor Ruibal denominada correlacionismo ou teoría correlacional. A partir do seu contacto con Amor Ruibal, a súa investigación orientouse cara á filosofía medieval. Nesta segunda etapa investigadora tratou temas como o humanismo medieval, o descubrimento do individuo, á ética, o ensino medieval e o seu método, a hermenéutica, o concepto medieval da natureza, ou o problema dos universais

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2011 foi nomeado profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela. En 2012 foi homenaxeado publicamente pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía nun acto público celebrado na Cidade da Cultura de Galicia e no que se presentou o libro A Universidade: raíces históricas e desafíos de futuro. Homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santmariña.

Os días 22 e 23 de abril de 2019 celebrouse na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela un coloquio na súa honra titulado: De amicitia. Amistad en la filosofía medieval e inicios de la modernidad. Promovido como coloquio internacional da Sociedad de Filosofía Medieval (SOFIME), estivo organizado por Martín González Fernández presidente do comité organizador; Jorge Cedón Conde; Oscar Parcero Oubliña, secretario do departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; e José Francisco Meirinhos, presidente da Sociedad de Filosofía Medieval.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Sobre Amor Ruibal[editar | editar a fonte]
  • "La analogía según Ángel Amor Ruibal", en Ágora. Papeles de Filosofía. Santiago de Compostela, n. 1, 1981, pp. 163-194.
  • "Datos para una teodicea según Amor Ruibal", en Compostellanum, vol. XXX, n. 1-2, 1985, pp. 141-165.
  • "Un texto de Ángel Amor Ruibal", en Azalea. Revista de Filosofía. n. 3, 1990, pp. 179-222.
  • "Análisis histórico-crítico del argumento anselmiano según Ángel Amor Ruibal", en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 2, 1995, pxs. 59-69.
  • "Vicente Muñoz Delgado y Ángel Amor Ruibal", en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 4, 1997, pp. 175-188.
  • Raña Dafonte, César (1997). Carlos Baliñas e Ángel Amor Ruibal, en La filosofía y sus márgenes. Homenaxe ao profesor Carlos A. Baliñas Fernández, Santiago de Compostela, USC, px. 431-439.
  • Raña Dafonte, César (1999). Averroes segundo Amor Ruibal, en Averroes y los averroísmos, Zaragoza, Ibercaja, pxs. 191-196.
Sobre Pedro Abelardo[editar | editar a fonte]
  • Raña Dafonte, César (1983) En torno a la ética de Pedro Abelardo, en Ágora (Papeles de filosofía), n. 3, pxs. 203-211.
  • Raña Dafonte, César (1988). El humanismo del siglo XII y su proyección en el humanismo renacentista, en Filosofía y ciencia en el Renacimiento, Santiago de Compostela, USC, 1988, pxs. 357-363
  • Raña Dafonte, César (1996) La ética del Policraticus de Juan de Salisbury, en Actas del II Congreso Nacional de Filosofía Medieval, Zaragoza, Ibercaja, pxs. 439-447.
  • Raña Dafonte, César (1999) Sobre la tarea del escritor en el siglo XII, en De libros y libreros. Homenaje al librero Enrique Molist, A Coruña, Universidade da Coruña, pxs. 291-315.
  • Raña Dafonte, César (1999) Los universales en Juan de Salisbury, en Revista Española de Filosofía Medieval, 6, pxs. 185-194.
  • Raña Dafonte, César (2000) Los problemas fundamentales de la Filosofía y el Dogma, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
  • Raña Dafonte, César (2000) Juan de Salisbury, un pedagogo ‘moderno’ en el siglo XII, en A educación en perspectiva. Homenaxe ó Profesor Lisardo Doval Salgado, Santiago de Compostela, USC, pxs. 731-751.
  • Raña Dafonte, César (2001) Lenguaje y filosofía en el siglo XII: Pedro Abelardo, Juan de Salisbury, en Identidad y cultura. Reflexiones desde la filosofía, A Coruña, Universidade da Coruña, pxs. 281-295.
  • Raña Dafonte, César (2001) La vida cotidiana en el siglo XII y la reflexión ética de Pedro Abelardo, en Pensar la vida cotidiana, Santiago de Compostela, USC, pxs. 125-139.
  • Raña Dafonte, César (2002). Crítica del entendimiento agente según Ángel Amor Ruibal, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 9, pxs. 185-205.
  • Raña Dafonte, César (2003) La dimensión práctica de la filosofía según Juan de Salisbury, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 10, pxs. 219-227.
  • Raña Dafonte, César (2004) La libertad en Pedro Abelardo, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 11, pxs. 67-83.Renacemento
  • Raña Dafonte, César (2005) La responsabilidad del escritor en la Edad Media: Pedro Abelardo y Juan de Salisbury, en: Hermenéutica y responsabilidad. Homenaje a Paul Ricoeur, Santiago de Compostela, USC, pxs. 339-347.
  • Raña Dafonte, César (2006) Transición del platonismo al aristotelismo medieval: Juan de Salisbury, en A tarefa de pensar, en Homenaxe ao Profesor Carlos A. Baliñas Fernández, Noia, Sementeira, pxs. 277-285.
  • Raña Dafonte, César (2007) Clavis aurea. Enseñanza y método en el siglo XII, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 14, pxs. 137-161.
  • Raña Dafonte, César (2007) Alano de Lille: los médicos del espíritu, en Experientia et sapientia: estudios dedicados a la memoria de Ángel Alvarez Gómez, Santiago de Compostela, pxs. 427-436.
  • Raña Dafonte, César (2007). Ars interpretandi en Guía de Perplejos, en Maimónides y el pensamiento medieval, Universidade de Córdoba, pxs. 293-301.
  • Raña Dafonte, César (2008) Ratio lucerna. La razón como guía en el siglo XII, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 15, pxs. 27-43.
  • Raña Dafonte, César (2009) Natura optima parens. La naturaleza en el siglo XII, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 16, pxs. 43-56.
  • Raña Dafonte, César (2010) Magistrorum lectio. Una lección del siglo XII, en Revista Española de Filosofía Medieval, n. 17, pxs. 81-92.
  • Raña Dafonte, César (2010) De membris conspirantibus. Razón y Rebelión en el siglo XII, en El pensamiento político en la Edad Media, Madrid: Fundación, Areses, pxs. 619-630.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • (2004) Poema sobre la conspiración de los miembros corporales (Carmen de membris corporantibus) de Juan de Salisbury, na Revista Española de Filosofía Medieval, n. 11, pxs. 301-311
  • (2005) Tradución e crítica do Prologus del Sic et Non de Pedro Abelardo, na Revista Española de Filosofía Medieval, n. 12, pxs. 191-204
  • (2010) Tradución e crítica do De animae exsilio et patria, alias, De artibus (El exilio y la patria del alma, o Sobre las Artes), na Revista Española de Filosofía Medieval, n. 17, pxs. 170-179.
  • (2011) Un documento del siglo XII, en Fidelidade a Terra. Homenaxe a Xosé Luis Barreiro Barreiro. Santiago de Compostela: USC, pxs. 385-394.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raña Díez, César & Raña Díez, Pablo (2012). Biografía de un filósofo medieval-contemporáneo:" Natura non facit saltus". En A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro: homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (pp. 21-26). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  2. Raña Díez, César & Raña Díez, Pablo (2012). Biografía de un filósofo medieval-contemporáneo:" Natura non facit saltus". En A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro: homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (pp. 21-26). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  3. Raña Díez, César & Raña Díez, Pablo (2012). Biografía de un filósofo medieval-contemporáneo:" Natura non facit saltus". En A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro: homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (pp. 21-26). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  4. González Fernández, M. (2012). El medievalista. En A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro: homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (pp. 27-31). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  5. Agís Villaverde, M. (2012). O filósofo ea súa obra. En A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro: homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (pp. 33-36). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  6. Raña Dafonte, César (2012). Exsilium hominis ignorantia: una lección del siglo XII. Lección maxistral pronunciada con motivo do comezo do curso académico 2011-2012. Universidade de Santiago de Compostela. 
  7. Soto, Luis García (2019). "César Raña, in memoriam". Agora: Papeles de filosofía 38 (1): 1–2. ISSN 0211-6642. doi:10.15304/AG.38.1.5635. 
  8. González Fernández, Martín. (2018). ''César L. Raña Dafonte (1970-2018)''. Revista Española de Filosofía Medieval, 25. ISNN 1133-0902 pp. 17–22.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]