Palm Desert, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palm Desert
Bandeira de Palm Desert, California
Bandeira
The City of San Diego
Modern art display.JPG
Palm Desert
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Flag of California.svg California
Superficie
 • Total

63,7 km²
Poboación
 • Total

48.445 (2010)
Densidade 625,0 hab./km²
Altitude 67 m
Alcalde Jean Benson
Riverside County California Incorporated and Unincorporated areas Palm Desert Highlighted.svgLocalización de Palm Desert
Páxina oficial
Palm Desert está situada na área de Palm Springs

Palm Desert é unha cidade do condado de Riverside, no estado de California, no val de Coachella (área de Palm Springs), a uns 15 quilómetros ao leste de Palm Springs. Outras cidades no Val Coachella son Cathedral City, Coachella, Desert Hot Springs, Indian Wells, Indio, La Quinta, Palm Springs e Rancho Mirage.

A súa poboación era de 48.445 habitantes no censo do ano 2010. A cidade foi unha das que tivo un maior crecemento no estado durante as décadas dos 80 e 90, comezando con 11.801 habitantes en 1980, dobrando a poboación ata acadar os 23.650 en 1990, e os 35.000 en 1995.

Demografía[editar | editar a fonte]

Palm Desert é o centro de maior desenvolvemento na área de Palm Springs. Palm Desert é un centro moi popular de concentración de pensionistas que veñen fuxindo dos fríos invernos de Canadá e do resto dos Estados Unidos, quen engrosan a súa poboación durante estes meses.

Segundo o censo americano de 2000, a súa poboación era de 41.155 habitantes.[1] En 2006, foi estimada unha poboación de 47.047,[2] un aumento de 5.892 (14,3%).

Xeografía[editar | editar a fonte]

De acordo co United States Census Bureau ten unha área de 63,7 km², das cales 63,1 km² son de terra e 0,6 km² cubertas por auga.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Palm Desert atópase enmarcada no programa de irmanamento de cidades do mundo, designado polo Sister Cities International Inc.

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

  • Xardín Botánico e Zoolóxico Living Desert
  • El Paseo, centro de Palm Desert e a súa rúa comercial principal
  • Sun City Palm Desert
  • College of the Desert

Localidades veciñas[editar | editar a fonte]

O diagrama seguinte representa as localidades nun radio de 16 km ao redor de Palm Desert.

Localidades veciñas
Palm DesertPalm Desert
Localidade con 6229 habitantes (2000). Bermuda Dunes (8 km)
Localidade con 42647 habitantes (2000). Cathedral City (13 km)
Localidade con 3816 habitantes (2000). Indian Wells (3 km)
Localidade con 49116 habitantes (2000). Indio (13 km)
Localidade con 23694 habitantes (2000). La Quinta (9 km)
Localidade con 13249 habitantes (2000). Rancho Mirage (7 km)
Localidade con 5120 habitantes (2000). Thousand Palms (10 km)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]