Boudhanath

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Boudhanath
20110725 Budha eyes closeup Bodhnath Stupa Kathmandu Nepal.jpg
Estupa de Boudhanath
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1979
País: Nepal Nepal
Localización: 27°43′17″N 85°21′43″E / 27.72139°N 85.36194°E / 27.72139; 85.36194
Rexión: Asia e Oceanía
Tipo: Cultural
Criterios: (iii, iv, vi)
Descrición UNESCO: fr en

Boudhanath (Devanāgarī: बौद्धनाथ), tamén chamado Boudha, Bouddhanath ou Baudhanath ou o Khāsa Caitya, é un dos lugares máis sagrados do budismo en Katmandu, Nepal. É coñecido como Khāsti en lingua newari, Jyarung Khasyor en lingua tamang ou como Bauddha polos modernos falantes de nepalés.[1] Está situado a 11 km do centro, na periferia ao noroeste de Katmandu. Trátase dunha das estupas esféricas máis grandes de Nepal, representando o mandala.[2]

A estupa budista de Boudhanath domina o horizonte. A antiga estupa é unha das maiores do mundo. A afluencia de grandes poboacións de refuxiados de Tibet propiciou a construción de 50 gompas tibetanas (mosteiros) arredor do Boudhanath. Dende 1979, o Boudhanath é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Xunto co Swayambhunath, é un dos lugares máis populares para os turistas na área de Katmandu.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Snellgrove, David (1987). Indo-Tibetan Buddhism: Indian Buddhists and Their Tibetan Successors. 2 vols. Boston: Shambhala Publications. pp. 365. ISBN 0-87773-311-2 (v. 1) e ISBN 0-87773-379-1 (v. 2). 
  2. "Fables of Boudhanath and Changunarayan". nepalnews.com. Arquivado do orixinal o 09-02-2007. http://web.archive.org/web/20070209001048/http://www.nepalnews.com.np/contents/englishweekly/independent/11-09/tourism.htm. Consultado o 05-06-2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boudhanath

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dowman, Keith (1973). The Legend of the Great Stupa and The Life Story of the Lotus Born Guru. Berkeley, California: Tibetan Nyingma Meditation Center. Dharma Books.. 
  • Psycho-cosmic Symbolism of the Buddhist Stūpa. Berkeley, California: Dharma Books. 1976. ISBN 0-913546-36-4 (pbk). 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]