Dachau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dachau é un concello bávaro nos arredores de Múnic, a unha distancia de 14 km, e perfectamente comunicado coa cidade o que fai que moitos muniqueses utilicen este núcleo poboacional a xeito de cidade dormitorio. A pesar de ter un castelo do século XVIII e ser fundada no século VIII é coñecida a nivel mundial polo Campo de concentración de Dachau onde morreron milleiros de persoas desde a súa apertura en 1933 e durante todo o período nazi.

Na actualidade conta con arredor de 40.000 habitantes e é un destino turístico subsidiario de Múnic. O concello de Dachau ten en marcha diferentes actividades para que os turistas que visitan o campo de concentración visiten tamén o seu fermoso casco histórico e o castelo evitando que no mundo se coñeza o seu concello só polo campo de concentración e toda a carga negativa que esta implica.

No ano 2002 a cidade foi escenario do maior escándalo por fraude electoral en Alemaña. Dous membros do partido conservador CSU foron condenados por manipular de maneira masiva os comicios a favor do seu partido, tendo gañado o seu candidato a intendente por 1,2 por cento de diferenza. Un dos condenados recoñeceu no xuízo que manipulara as eleccións durante máis de 20 anos.[1] A pesar da fraude o candidato do CSU gañou a repetición das eleccións, que tiveron lugar no ano 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dachau

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]