Javier Bardem
| Javier Bardem | |
|---|---|
Javier Bardem |
|
| Nacemento | Javier Ángel Encinas Bardem 1 de marzo de 1969 (44 anos) Las Palmas de Gran Canaria |
| Profesión | actor |
| Ficha na IMDb | |
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nominado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor de reparto por Non é un país para vellos.
Índice |
Traxectoria [editar]
Orixe e formación [editar]
Bardem provén dunha familia de actores: os seus avós, Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, a súa nai, Pilar Bardem, os seus irmáns, Mónica e Carlos, e ademais é sobriño do finado director de cine Juan Antonio Bardem. O seu curmán Miguel tamén é director de cine. É o membro da familia que acadou un maior recoñecemento a nivel internacional
Entre as distintas actividades que realizou inclúese o xogar na Selección Española de Rugbi e estudar pintura na Escola de Artes e Oficios. Tras isto, decidiu dedicarse ó cine.
Cinema [editar]
Con 11 anos fixo un pequeno papel en El poderoso influjo de la luna de Antonio del Real que protagonizaba a súa nai Pilar.
Gañou o Fotogramas de Plata ó Mellor Actor en 1994 por Huevos de Oro. Ese mesmo ano obtivo o Premio ó Mellor Actor no Festival de San Sebastián por Días contados e El detective y la muerte, ademais do Premio “Fernando Rey” á Mellor Interpretación por Días contados.
En 1995 por esta mesma película, consegue o Goya ó Mellor Intérprete Masculino de Reparto e o Premio da Actores ó Mellor Actor, ademais do Fotogramas de Plata por Boca a boca. Esta película deulle o seu primer Goya á Mellor interpretación masculina protagonista en 1996.
Despois de conseguir en decembro de 1997 o Premio do Público ó Mellor Actor na Gala da Academia do Cine Europeo, en xaneiro de 1998 compite poloGoya á Mellor Interpretación Masculina, por Carne trémula.
En 2000 gaña a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, pola película Antes que anochezca (Before Night Falls), que representa su consagración internacional. Por esta mesma película na que interpretaba a Reinaldo Arenas, foi nominado ó ano seguinte ó Oscar ó mellor actor protagonista, sendo o primeiro actor español en conseguilo. A súa fama aumentou notablemente tanto dentro como fóra de España a raíz deste papel.
En 2003 obtén o premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Os luns ó sol. Na cerimonia de entrega dese premio manifestouse, igual que outros moitos compañeiros de profesión que luciron pegatinas e insignias, contra a guerra e a invasión de Irak por parte de EEUU.
En 2004 consegue novamente a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, esta vez polo seu papel de Ramón Sampedro en Mar adentro, polo que tamén repetiría no Goya ó mellor actor. Esta película reafirmouno coma un dos mellores actores do panorama español actual.
En 2010 é nominado ao Óscar ao Mellor actor polo seu traballo no filme de Alejandro González Iñárritu, Biutiful. Tamén gaña o Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista por ese filme.
Filmografía [editar]
(**) Realiza pequenos papeis, aparición esporádica
Premios [editar]
Oscars [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2000 | Oscar ao mellor actor | Antes que anochezca | Candidato |
| 2008 | Oscar ao mellor actor | No Country for Old Men | Gañador |
Globos de Ouro [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2004 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Mar adentro | Candidato |
| 2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Antes que anochezca | Candidato |
Golden Satellites [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2004 | Mellor actor | Mar adentro | Candidato |
Festival Internacional de Cine de Venecia [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2004 | Copa Volpi ó mellor actor | Mar adentro | Gañador |
| 2000 | Copa Volpi ó mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1995 | Concha de Plata ó mellor actor | El detective y la muerte | Gañador |
Independence Spirit [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2000 | Mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
Unión de Actores [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2004 | Mellor actor protagonista de cine | Mar adentro | Gañador |
| 2002 | Mellor actor protagonista de cine | Los lunes al sol | Gañador |
| 1997 | Mellor actor protagonista de cine | Perdita Durango | Candidato |
| 1996 | Mellor actor protagonista de cine | Éxtasis | Candidato |
| 1994 | Mellor intérprete secundario de cine | Días contados | Gañador |
Premios Goya [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2010 | Goya ó mellor actor | Biutiful | Gañador |
| 2004 | Goya ó mellor actor | Mar adentro | Gañador |
| 2002 | Goya ó mellor actor | Los lunes al sol | Gañador |
| 1997 | Goya ó mellor actor | Perdita Durango | Candidato |
| 1995 | Goya ó mellor actor | Boca a boca | Gañador |
| 1994 | Goya ó mellor actor de reparto | Días contados | Gañador |
| 1993 | Goya ó mellor actor | Huevos de oro | Candidato |
| 1992 | Goya ó mellor actor | Jamón, jamón | Candidato |
Fotogramas de Prata [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2004 | Mellor actor de cine | Mar adentro | Gañador |
| 2002 | Mellor actor de cine | Los lunes al sol | Gañador |
| 2000 | Mellor actor de cine | Segunda piel | Gañador |
| 1997 | Mellor actor de cine | Carne trémula Perdita Durango |
Gañador |
| 1996 | Mejor actor de cine | Éxtasis | Candidato |
| 1995 | Mellor actor de cine | Boca a boca | Gañador |
| 1994 | Mellor actor de cine | Días contados El detective y la muerte |
Candidato |
| 1993 | Mellor actor de cine | Huevos de oro | Gañador |
| 1992 | Mellor actor de cine | Jamón, jamón | Candidato |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Javier Bardem na IMDb (en inglés).