Bicotorto común
| Bicotorto común | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Machos |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Loxia curvirostra Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||
O Bicotorto común (Loxia curvirostra) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos. Reprodúcese nos bosques de Picea na América do Norte, Europa, e Asia. Algunhas poboacións reprodúcense nos bosques de piñeiros en certas áreas dos tres continentes, e na América do Norte algunhas poboacións reprodúcense nos bosques de abeto. Aniña nas coníferas, onde pon de 3 a 5 ovos.
O bicotorto é unha ave basicamente residente, mais se a comida é insuficiente, realiza migracións ao sur. Esta especie viaxa en grandes bandadas fóra do período de apareamento, e a miúdo mestúrase con outros bicotortos.
Os bicotortos caracterízanse polas mandíbulas que están torcidas na punta, polo que reciben o seu nome común. Aliméntanse case exclusivamente das piñas de coníferas, especialmente as das piceas. A forma estraña do seu peteiro é unha adaptación que lles permite extraer as sementes da piña.
Os machos adultos adoitan ser de cor vermella ou alaranxada, mentres as femias adoitan ser de cor verde ou amarela, habendo moitas variantes.
Esta especie pode chegar a ser confundida cos bicotortos papagaios e os bicotortos escoceses, que tamén se reproducen na zona euroasiática. A súa identificación é menos problemática na América do Norte, onde só se atopa o bicotorto común e o bicotorto aliblanca.
Estudos do seu canto, na América do Norte, suxiren que neste continente hai oito ou nove poboacións con cantos diferentes, as cales case nunca se reproducen entre si. O tamaño e a estrutura do peteiro tamén varían, e poboacións diferentes adoitan especializarse para comer as sementes de coníferas diferentes. Polo momento, son poucos ornitólogos os que propoñen separalas en distintas especies.
Ligazóns externas [editar]
- Identificación de sexos e idades no Atlas de Identificación das Aves de Aragón.