Bibiana Aído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bibiana Aído

Bibiana Aído Almagro, nada en Alcalá de los Gazules (Cádiz), o 2 de febreiro de 1977, é unha política española e, na actualidade ministra de Igualdade.

[editar] Traxectoria profesional

Militante de Juventudes Socialistas dende os dezaseis anos, o vencellamento co PSOE chégalle tamén por parte da familia, posto que o seu pai é xefe de gabinete da deputación gaditana.

É licenciada en administración e dirección de empresas pola Universidade de Cádiz e ten un mestrado de administración empresarial pola Universidade de Northumbria. Fixo diversas prácticas en empresas e, en 2003 obtivo o seu primeiro traballo, con 26 anos, como delegada provincial da consellería de cultura da Junta de Andalucía en Cádiz.

En xullo de 2006 foi nomeada directora dunha axencia autonómica para o desenvolvemento do flamenco, que tamén depedía da consellería, ata que como resultado das eleccións autonómicas andaluzas de 2008 foi elixida parlamentaria nesa cámara pola provincia gaditana. En abril de 2008 converteuse en ministra de Igualdade e na ministra máis nova da historia de España, ao acceder ao cargo con trinta anos. Cesou no seu cargo en outubro de 2010, ao suprimirse a carteira.


Predecesor:
non existía o ministerio
Escudo de España.svg
Ministra de Igualdade

2008 - 2010
Sucesor:
integración co Ministerio de Sanidade

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas