Bernardo Bellotto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato, 1765
Turín, 1745
Vista de Gazzada, 1744

Bernardo Bellotto, nado en Venecia o 30 de xaneiro de 1721 e finado en Varsovia o 17 de outubro de 1780, foi un pintor e gravador veneciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Capricho romano, 1742-1747

Bernardo Bellotto era sobriño, por parte da nai, de Canaletto, que contribuiu á súa formación e xa de rapaz amosou talento para a pintura de paisaxes urbanas. En 1738 quedou inscrito na corporación de pintores venecianos, e decontado viaxou polo Véneto, Roma (1742), Florencia e Turín, para volver a Venecia por breve tempo. En 1747 recibiu unha invitación do elector de Saxonia Augusto III para establecerse en Dresde, a súa fama espallouse en toda Europa, e en 1758 a emperatriz María Tareixa de Austria chamouno a Viena . Tres anos despois está en Múnic, despois volve a Dresde pero a morte do elector Augusto fixo que recibise menos encargos polo que aceptou en 1763 o convite de Catarina II para establecerse en San Petersburgo ata 1764 cando o novo elector de Saxonia e rei de Polonia, Estanislau para establcerse en Varsovia para o que realizou ademais de vistas, retratos e escenas históricas.

Vista de Dresde, 1752
Vista de Viena, 1758-1761

Obra[editar | editar a fonte]

O seu estilo é semellante ó de seu tío, e el mesmo asinou moitas obras como Bernardo Canaletto pero Bellotto amosa un realismo máis cru, cunha máis exacta observación da arquitectura e das vistas, un tratamento máis dinámico do ceo e da auga, e un maior predominio do claroescuro, e naturalmente unha cantidade máis variada de lugares retratados lugares que visitou deixou unha indeleble mostra nos seus lenzos, que se distinguen polo traballado dos detalles e unha luminosidade característica con vistas de gran radio. As súas vistas realizadas en Varsovia tomáronse como modelo para a reconstrución da cidade logo dos bombardeos da Segunda Guerra Mundial[1].

Vista de Varsovia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marie Hagen, Rainer Hagen, What Great Paintings Say, 2003, páxina 315, ISBN 3-8228-1372-9 e Stanley S. Sokol The Artists of Poland: A Biographical Dictionary from the 14th Century to the Present, 2000, páxina 19, ISBN 0-7864-0697-6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernardo Bellotto: un pittore veneziano a Varsavia, catalogo della mostra di Parigi a cura di S. Loire, H. Malachovicz e A. Rottermund, Milano 2004.
  • C. Beddington, Bernardo Bellotto and his circle in Italy : part I; not Canaletto but Bellotto, en "The Burlington magazine", 146, n. 1219, 2004.
  • F. Pedrocco, schede in Pinacoteca Giovanni e Marella Agnelli al Lingotto, Ginevra-Milano 2002
  • Bernardo Bellotto, un ritorno a Verona: l'immagine della città nel Settecento, catalogo della mostra di Verona a cura di G. Marini, Venezia 2002.
  • Stefan Kozakiewicz, Bernardo Bellotto, genannt Canaletto, volume I: "Leben und Werk" 310 pagine; volume II "Katalog", 532 paxinas, Verlag Aurel Bongers, Recklinghausen 1972.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]