Bengo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angola Provinces Bengo 250px.png

Bengo é unha das 18 provincias de Angola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade de Caxito, no municipio de Dande, é a capital provincial.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase rodeando Luanda, situada a setenta quilómetros de Caxito. Limita coas provincias de Zaire polo norte, Uige polo nordeste, Cuanza Norte polo leste e Cuanza Sul polo sur.

Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, o Longa e o Kwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura no Océano Atlántico. A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo. É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.

O clima é de tipo tropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).

As cidades máis importantes son: Cabo Ledo, Lagoa de Panguila, Porto Kipiri e Funda.

Demografía[editar | editar a fonte]

A provincia contaba con 166.000 habitantes en 1991, estimándose para o 2006 de 460.508 persoas.[1]

Municipios[editar | editar a fonte]

Posúe cinco municípios.

Municipio Capital Área (km2) Pop. (2006 est)
Ambriz Ambriz 4,204 16,611
Dande Caxito 6,529 82,992
Ícolo e Bengo Catete 3,819 58,830
Nambuangongo Muxaluando 5,604 110,831
Quiçama Muxima 12,046 29,905

Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo: Bula-Atumba, Dembos, e Pango-Aluquém.[2]

Comunas[editar | editar a fonte]

Componse das seguintes comunas:[3]

Economía[editar | editar a fonte]

Bengo.

A principal actividade económica é a agricultura, centrándose no cultivo de café, algodón, iuca, palmeiras, cítricos, bananas e hortalizas. Tamén traballan a madeira, e realizan labores de pesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar con bambú, madeira, pau preto, bordados.

Tamén hai minería que extrae xofre, xemas, fosfatos, calcarios e cuarzo.

Outro importante motor é a pesca deportiva e a caza.

Linguas[editar | editar a fonte]

Ademais do portugués, nesta provincia fálase o kikongo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. [1]
  2. "Bengo: Municipios". Info-Angola. http://www.info-angola.ao/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=38&Itemid=65. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
  3. "Bengo: Comunas". Info-Angola. http://www.info-angola.ao/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=39&Itemid=66. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]