Ben Uzoh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben Uzoh
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1988 (36 anos)
Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Warren HS (San Antonio, Texas)
Universidade Tulsa (2006–2010)
NBA Draft Non drafteado
Carreira dende 2010
Historial de equipos
New Jersey Nets (2010-2011)
Springfield Armor (2011)
Lokomotiv Kuban (2011)
Rio Grande Valley Vipers (D-League) (2011)
Cleveland Cavaliers (2012)
Toronto Raptors (2012)
Información en nba.com

Ben Uzoh, nado o 18 de marzo de 1988 en Houston, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

O 5 de xaneiro de 2011, Uzoh asinou un contrato para xogar ata o final da tempada en New Jersey. No mes de marzo de 2011, foi brevemente asignado aos Springfield Armor da NBA D-League.[1]

En outubro de 2011, asinou un contrato dun ano co Lokomotiv Kuban ruso,[2] pero foi despedido tras xogar só dous partidos.[3] O 9 de febreiro de 2012, asinou un contrato cos Cleveland Cavaliers, pero foi cortado pouco máis tarde.

O 27 de marzo de 2012, Uzoh asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[4] O 16 de abril de 2012, os Raptors anunciaron a contratación de Uzoh para o restante da tempada 2011-12.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nets Assign Rookie Ben Uzoh To NBA Development League's Springfield Armor" (en inglés). 2011-03-15. Consultado o 2020-04-30. 
  2. "Lokomotiv Kuban announces Ben Uzoh". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 07 de decembro de 2011. 
  3. "Lokomotiv Kuban and Ben Uzoh part ways". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 07 de decembro de 2011. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]