Beatriz Dourado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1985 (38 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , mestra |
Beatriz López Dourado, coñecida como Beatriz Dourado, nada en Barcelona o 25 de novembro de 1985, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla e neta de emigrantes galegos, retornou de nova a Galicia e vive en Lugo. A terra familiar é Navia de Suarna, de onde é seu pai; de onde son os avós -el de Silvouta, e ela de Cerredo-, e de onde é tamén o seu home, de Virigo.[1]
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, mestra de profesión, en 2020 exerceu na EEI Fingoi de Lugo.[2] Dende 2022 é profesora de educación secundaria.
Ten colaborado en Nós Diario.[3]
Obra[editar | editar a fonte]
- intraguerras (2022). Urutau.[4] 32 páxs. ISBN 978-65-5900-219-1.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2014: 2º premio Contos de verán El Progreso por Lesión de menisco.[5]
- 2014: 2º premio de relato Terras de Chamoso por Bicos Carmiña.[6]
- 2017: 1º accésit no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela por As vacas non usan stilettos.[7]
- 2018: Certame Vilariñas de Guitiriz, organizado por Nova Poesía Guitirica.[8]
- 2019: VII Premio de Poesía María Mariño.[9]
- 2021: Certame de Poesía Avelino Díaz, por Custodia da fenda.[10]
- 2022: IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán por Ancorar toda esta auga.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-08-17). "Un berro dentro da casa". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ "Resolución del DOG nº 88 de 2020/5/8 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ Diario, Nós (2022-02-08). "O biombo". Nós Diario. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ Ficha en Urutau
- ↑ Lugo, El Progreso de (2014-12-15). "Xerardo Uz e Beatriz López Dorado gañan os Contos de Verán de El Progreso". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-11-10.
- ↑ Arumes, A. c (2014-02-17). "Asociación Cultural Arumes do Corgo: PREMIOS DA VII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”". Asociación Cultural Arumes do Corgo. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ "Premio Viadutos". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 10 de novembro de 2022.
- ↑ Beatriz Dourado: "Sempre fun bastante urbana, pero o rural está tomando maior importancia na miña vida"
- ↑ Fallado o VII Premio de Poesía María Mariño
- ↑ XA, Redacción (2021-06-16). "Elegidos los ganadores del certamen Avelino Díaz - TERRACHAXA". GALICIAXA. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ "'Ancorar toda esta auga' de Beatriz Dourado, gañador do IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2022-10-22. Consultado o 2022-11-10.