Batalla de Ancara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Ancara
Battle of Angora1402.jpg
Data: 20 de xullo de 1402
Lugar: Campo de Çubuk, preto Ankara
Resultado: Vitoria timúrida decisiva
Combatentes
Timurid.svg Imperio Timúrido Flag of the Ottoman Sultanate (1299-1453).svgImperio Otomán
Comandantes
Tamerlán
Shah Rukh (á esquerda)
Khalil Sultan (á esquerda)
Miran Shah (á dereita)
Abu Bakr (vangarda)
Sultan Huseyn (garda avanzada)
Mohammed Sultan (exército principal)
Beyazid I
Süleyman Çelebi (á esquerda)
Forzas en combate
Disputable Disputable

A Batalla de Ancara ou Batalla de Angora aconteceu o 20 de xullo de 1402, nos arredores de Çubuk (preto de Ancara) enfrontando as forzas do sultán Otomán Bayezid I e a Tamerlán, gobernante do Imperio Timúrida. A batalla foi unha importante vitoria para Tamerlán, e levou ao Imperio Otomán a un período de crise, coñecido como Interregno Otomán. Así e todo tras a morte de Tamerlán tres anos despois o Imperio Timúrida entrou no ocaso mentres o Imperio Otomán recuperouse totalmente e continuou incrementando o seu poder.

O contexto[editar | editar a fonte]

Tamerlán era o máis poderoso gobernante de Asia Central desde a época de Genghis Khan, e pasara as dúas décadas anteriores reconstruíndo o Imperio Mongol dos seus antepasados [1][2]. Tamerlán conquistara Xeorxia e Acerbaixán estendendo o seu imperio ata as fronteiras do Imperio Otomán. Bayezid I pola súa parte pasara a maior parte do seu reinado en guerras conquistando territorios cara ao leste e oeste abranguendo case todo o territorio que unha vez pertencera ao Imperio Romano de Oriente[3] . Os dous poderes axiña entraron en conflito directo polo control do territorio e das rutas comerciais [4], facendo a confrontación inevitable xa a finais da década de 1390[5]. Bayezid esixiulle tributo a un bey de Anatolia que xurara lealdade a Tamerlán e tratou de invadir o seu territorio. Tamerlán interpretouno como un insulto persoal e en 1400 saqueou a cidade otomá de Sebaste, ao que seguíu a invasión de polo leste Anatolia para lle facer fronte, Bayezid convocou as súas forzas e enfrontouse a Tamerlán preto de Ancara. O conflito foi a culminación de anos de intercambio de misivas ofensivas [6] entre Tamerlán e Bayezid.

As forzas[editar | editar a fonte]

Non se coñece o volume exacto dos exércitos en conflito. Cando Tamerlán invadiu Asia Menor, as súas forzas estaban formadas só por xinetes, o que lle permitía moverse velozmente polo seo do Imperio Otomán, destruíndo as súas defensas gradualmente. Máis tarde, antes e durante a batalla algúns dos aliados e vasalos de Bayezid se uniron a Tamerlán. Aínda que algúns historiadores do século XIX dan forzas de ata case un millón de homes, os historiadores contemporáneos reducen sensiblemente esa cifra, enn Armies of the Ottoman Turks, 1300–1774, David Nicolle afirma que "estímase o tamaño dos dous exército en 140.000 na banda de Tamerllán e 85.000 na de Bayezid I.[7] O historiador do Medievo J. B. Bury estableceu que as dúas forzas eran de igual tamaño, co exército de Bayezid composto fundamentalmente de infanteria e 5 ou 10.000 cabaleiros serbios liderados polo déspota Stefan Lazarević[8]. De Albania Gjon Kastrioti, xunto con outros vasalos otománs (Koja Zaharia, Dhimiter Jonima e probablemente Tanush Dukagjini), dirixiu persoalmente as súas hostes que participaron do lado otomán.[9]

A batalla[editar | editar a fonte]

Pintura de Stanisław Chlebowski, Sultan Bayezid prisioneiro de Tamerlán, 1878, retratando a captura de Bayezid por Tamerlán.

A batalla comeza cun ataque das forzas de Tamerlán sobre os otománs[10], que estaban exhaustos logo que as tropas de Tamerlán se fixeran co control das fontes de auga [11] pero conseguiron facerlle fronte e contratacaron, así e todo o cambio de bando dos qaraei levou ao colapso ao flanco esquerdo do exército otomán, que se viu prendido entre dous fogos. As forzas de Tamerlán cercaron ás forzas otomás e Bayezid quedou co xanízaros e as tropas serbias, nunha tentativa por romper o cerco as forzas timúridas prenderon o sultán.

As consecuencias[editar | editar a fonte]

Bayezid I, humillado polo desastre, morre ao ano seguinte. Tamerlán continuou a súa compaña en Asia Menor, e arrasou a principal cidade otomá, Bursa e o enclave cristián dos Cabaleiros de Rodas en Esmirna. O territorio otomán quedou reducido a pouco máis que o norte de Frixia, Bitinia e Misis, entrando nunha guerra civil e esta febleza otomá fará que o Imperio Bizantino puidera manterse algo máis de tempo. Pero a decisión de Tamerlán de embarcar nunha expedición á China, onde vai morrer e que vai conducir á fin do seu imperio e da ameaza que supuña para os otománs.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beatrice Forbes Manz, "Temür and the Problem of a Conqueror's Legacy," Journal of the Royal Asiatic Society, Third Series, Vol. 8, No. 1 (Apr., 1998), 25; "In his formal correspondance Temur continued throughout his life as the restorer of Chinggisid rights. He even justified his Iranian, Mamluk and Ottoman campaigns as a reimposition of legitimate Mongol control over lands taken by usurpers...".
  2. Michal Biran, "The Chaghadaids and Islam: The Conversion of Tarmashirin Khan (1331-34)," Journal of American Oriental Society, Vol. 122, No. 4 (Oct. - Dec., 2002), 751; "Temur, a non-Chinggisid, tried to build a double legitimacy based on his role as both guardian and restorer of the Mongol Empire."
  3. Dimitris Kastritsis The Sons of Bayezid: Empire Building and Representation in the Ottoman Civil War Of 1402-1413. BRILL (2007), p. 1
  4. Michael Dumper e Bruce Stanley Cities of The Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO (2007), p. 37
  5. Bruce Alan Masters e Gábor Ágoston Enclyclopedia of the Ottoman Empire. Infobase (2010), p. 82
  6. Selçuk Akşin Somel Historical Dictionary of the Ottoman Empire. Scarecrow (2003), p. 34
  7. David Nicolle (1983) Armies of the Ottoman Turks, 1300–1774. London: Osprey Publishing, p. 29
  8. Bury, J. B. (1923). The Cambridge Medieval History. vol. 4. Tanner, J. R., Previté-Orton, C. W., Brooke, Z. N. (eds.). Cambridge: Cambridge University Press. p. 562. 
  9. The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest Author John Van Antwerp Fine Edition reprint, illustrated Publisher University of Michigan Press, 1994 ISBN 0-472-08260-4, 9780472082605 p. 422
  10. Mustafa Cezar, Midhat Sertoğlu et al. Mufassal Osmanlı Tarihi. İskit Yayınevi. (1957), p. 198
  11. Colin Imber The Ottoman Empire 1300-1650. The Structure of Power. Palgrave Macmillan (2002), p. 18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anzulović, Branimir, Heavenly Serbia: From Myth to Genocide, New York: New York University Press, 1999.
  • Bury, J. B., The Cambridge Medieval History, vol. 4. Tanner, J. R., Previté-Orton, C. W., Brooke, Z. N. (eds.). Cambridge: Cambridge University Press, 1923.
  • Fine, John Van Antwerp, The Late Medieval Balkans, Ann Arbor: University of Michigan Press, 1983.
  • Finkel, Caroline, Osman's Dream, New York: Basic Books, 2006.
  • Grousset, René, The Empire of the Steppes, New Brunswick, New Jersey: Rutgers University Press, 1970.
  • Hildinger, Erik, Warriors of the Steppes, Cambridge, Massachusetts: Da Capo Press, 2001.
  • Kinross, John Patrick Douglas Balfour, The Ottoman Centuries, New York: William Morrow and Company, 1977.
  • Marozzi, Justin, Tamerlane: sword of Islam, conqueror of the world, London: HarperCollins, 2004
  • Marozzi, Justin, "Tamerlane", in: The Art of War: great commanders of the ancient and medieval world, Andrew Roberts (editor), London: Quercus Military History, 2008. ISBN 978-1-84724-259-4
  • Nicolle, David Armies of the Ottoman Turks, 1300–1774; colour plates by Angus McBride. London: Osprey Publishing, 1983 ISBN 0-85045-511-1 .
  • Prawdin, Michael, The Mongol Empire; with a new introduction by Gérard Chaliand. New Brunswick, New Jersey: Transaction Publishers, 2006. (translation first published by G. Allen and Unwin, London, 1940)
  • Runciman, Steven, The Fall of Constantinople, 1453, Cambridge: Cambridge University Press, 2006.
  • Spencer, Lauren, Iran: a primary source cultural guide, New York: The Rosen Publishing Group, 2004.
  • Vauchez, André; Dobson, Richard Barrie & Lapidge, Michael (eds.) Encyclopedia of the Middle Ages, Volume 1, Cambridge: James Clarke and Co., 2000. ISBN 0-227-67931-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]