Paolo Veronese
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paolo Veronese, nado en 1528 e finado o 19 de abril de 1588, foi un importante pintor renacentista veneciano. O seu nome de nacemento foi Paolo Cagliari ou Paolo Caliari coñecido como veronese por nacer en Verona.
Discípulo de Parmigianino, Veronese caracterízase pola linguaxe clara e luminosa, espacialidade en largura, brillante sentido decorativo, exaltación da vida profana e alegorías aptas para o adorno de grandes superficies como o Palacio Ducal de Venecia.