Batalla de Armentières

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Armentières
Conflito: Primeira Guerra Mundial,parte da carreira cara ao mar
Data:13 de outubro de ao 2 de novembro de 1914
Lugar: Río Douve, Francia
Resultado: Inconclusa.
Combatentes
Flag of the United Kingdom.svg Imperio Británico Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán
Comandantes
Flag of the United Kingdom.svg Sir Horace Smith-Dorrien Flag of the German Empire.svg Rupprecht de Baviera
Forzas en combate
Flag of the United Kingdom.svg III Corpo Británico Flag of the German Empire.svg IV e VI Exército alemán
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de PicardyBatalla de FlireyBatalla de AlbertPrimeira batalla de ArtoisBatalla de BasséeBatalla de MessinesBatalla de ArmentièresBatalla de YserPrimeira batalla de YpresPrimeira batalla de Champagne

A batalla de Armentières foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, que forma parte do conxunto da carreira cara ao mar, acontecida en outubro de 1914, que enfrontou a tropas británicas do III Corpo e as tropas alemanas do IV e VI Exércitos. No norte, mestúrase coa batalla de Messines, e no sur coa batalla de Bassée. O 10 de outubro, as tropas británicas acadaron St. Omer e o día 12, adentráronse cara o río Lys. O día 13 atoparon resistencia xermana nunha crista ben fortificada. O III Corpo atacou frontalmente as posicións, sen reforzos de ningún tipo. Tras un día de intensa batalla e 708 baixas, foron quen de forzar a retirada alemana.

O mesmo día, as tropas alemanas conqueriron Lille, e os británicos comezaron a manobrar para recuperar a cidade. O III Corpo atacou de novo ás tropas do IV Exército alemán. Mentres tanto, o VI Exército atacaba Menin, participando na batalla de Yser e na primeira batalla de Ypres. O 15 de outubro, o III Corpo atacou Armentières, conquistando a poboación. O 17 acadaron o control completo da cidade e deuse a orde de despregar pontes sobre o río Lys, preparando o avance sobre Lille. Os días seguintes, os alemáns atacaron varias veces sen éxito. A primeiros de novembro, a cidade permanecía en mans británicas, pero a posición era máis inestable tralo inicio da batalla de Gheluvelt.

Referencias[editar | editar a fonte]

Rickard, J (26 August 2007), Battle of Armentières, 13 October-2 November 1914, http://www.historyofwar.org/articles/battles_armentieres.html