Primeira batalla de Ypres
| Primeira batalla de Ypres, parte da carreira cara ao mar | |
|---|---|
| Conflito: Primeira Guerra Mundial | |
| Data: Do 19 de outubro ao 22 de novembro de 1914 | |
| Lugar: Ypres, Bélxica | |
| Resultado: Vitoria decisiva aliada | |
| Combatentes | |
| Comandantes | |
| Forzas | |
| IV e VI Exército alemán | |
| Baixas | |
| 19.530 mortos, 83.520 feridos e 31.265 desaparecidos. | |
A primeira batalla de Ypres ou primeira batalla de Flandres foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial acontecida entre o 19 de outubro e finais de novembro. Non se sabe que día concreto rematou. Para Francia foi o 13 de novembro, para o Imperio Británico o 22 e para o Imperio Alemán o 30. Xunto coa batalla de Yser, a batalla de Ypres marca a fin da carreira cara ao mar.
A primeira batalla de Ypres inclúe:
- a batalla de Langemarck, 21- 24 de outubro;
- a batalla de Gheluvelt,29- 31 de outubro;
- a batalla de Nonne Bosschen, 11 de novembro.
A batalla [editar]
O Corpo Expedicionario Británico ao mando de John French foi destinado en outubro de 1914 á Bélxica co obxectivo de reforzar as tropas que desembarcaran eses días nas costas belgas. Dirixiuse cara a cidade belga de Ypres. Nos días anteriores tivera lugar a batalla de Yser, onde os belgas abriran as esclusas dos ríos para curtar ou polo menos frear o avance alemán. Cando as tropas do Imperio Alemán chegaron a Ypres, observaron as fortes defensas británicas. Varios foxos rodeaban a cidade, que sería bombardeada intensamente por artillería e aviación. Os efectivos xermanos destinados aquí eran maioritariamente mozos pouco experimentados, que se alistaran en agosto co inicio da guerra. En cambio, os británicos eran soldados máis adestrados e mesmo moitos deles xa participaran nas guerras bóer en Sudáfrica. As baixas alemás foron moi cuantiosas pero aínda así debilitaron as posicións británicas.
Resultados [editar]
As tropas aliadas sufriron severos danos pero puideron frear a ofensiva alemá.