Batalla de Albert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Albert foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, producida no seo da Carreira cara ao mar, iniciada o 25 de setembro de 1914.

Na terceira semana de setembro, o X Exército francés avanzou cara Albert e outras posicións ao leste de Amiens. O Xeneral Joffre ordenou un ataque frontal contra as liñas xermanas, que resistiron a ofensiva. Nos días seguintes, o VI Exército alemán avanzou cara Bapaume e Thiepval o 26 e 27 de setembro e contraatacou. O obxectivo era o de capturar rexións francesas importantes a nivel agrícola e industrial, illar Bélxica e cortar as liñas de subministración británicas. Esta, e batallas sucesivas resultaron en empates que desgastaron ambos exércitos sen ganancias territoriais salientables.