Batalla de Flirey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Flirey
Conflito: Primeira Guerra Mundial,parte da carreira cara ao mar
Data:19 de setembro - 11 de outubro de 1914
Lugar: Río Marne, Francia
Resultado: Vitoria táctica xermana
Combatentes
Flag of France.svg Francia Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán
Comandantes
Flag of France.svg Maurice Sarrail Flag of the German Empire.svg Rupprecht de Baviera
Forzas en combate
Flag of France.svg III Exército francés Flag of the German Empire.svg VI Exército alemán
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de PicardyBatalla de FlireyBatalla de AlbertPrimeira batalla de ArtoisBatalla de BasséeBatalla de MessinesBatalla de ArmentièresBatalla de YserPrimeira batalla de YpresPrimeira batalla de Champagne

A batalla de Flirey foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial sucedida entre o 19 de setembro de 1914 e o 11 de outubro do mesmo ano. O resultado foi unha vitoria alemana sobre as tropas francesas. A batalla danou estruturas importantes que chegaban á cidade fortificada de Verdún

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Nas beiras do río Meuse foron ao longo dos séculos construídas varias fortificacións, tanto no lado alemán coma no lado francés. Nos anos anteriores ao inicio da Primeira Guerra Mundial, o Alto Mando xermano deuse conta de que a artillería podería esnaquizar grandes infraestruturas a longas distancias. Por iso co inicio da guerra, as tropas alemanas viron no Meuse a oportunidade de curtar estradas e vías férreas francesas que conducían a Verdún. Deste xeito limitarían as posibilidades dos franceses de atacar territorio alemán.

A batalla[editar | editar a fonte]

O ataque comezou o 19 de setembro cando a cabalería alemana que partía de Metz, atacou a tropas defensoras francesas en torno a Dieulouard e Martincourt. Flirey, os bosques cercanos e Seicheprey foron capturados rapidamente. O día 22, os franceses recibiron reforzos pero non puideron frear o avance alemán. Para este día, os efectivos alemáns mudaron a dirección de sur a sur-leste. O día 24, tomaron Saint-Mihiel pero foron retomados Flirey, Seicheprey e Xivray. Ante as novas ofensivas galas, o exército alemán atrincherouse e o día 27 sufriu varios ataques, que non obstante apenas moveron a liña da fronte. Os ataques franceses continuaron ata o 11 de outubro, sen resultado.