Batalla de Bassée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Bassée
Conflito: primeira guerra mundial,parte da carreira cara ao mar
Data:19 de setembro - 10 de outubro de ao 2 de novembro de 1914
Lugar: La Bassée, Francia
Resultado: Inconclusa.
Combatentes
Imperio Británico Imperio Alemán
Comandantes
Sir John French Rupprecht de Baviera
Forzas en combate
Segunda brigada de cabalería, Terceira División Lahore IV e VI Exército alemán
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de PicardyBatalla de FlireyBatalla de AlbertPrimeira batalla de ArtoisBatalla de BasséeBatalla de MessinesBatalla de ArmentièresBatalla de YserPrimeira batalla de YpresPrimeira batalla de Champagne

A batalla de Bassée foi unha batalla da Primeira guerra mundial, que forma parte da campaña da carreira cara ao mar, que enfrontou no norte de Francia a tropas alemás e británicas.

O VI Exército alemán conquistou Lille en outubro de 1914, mentres que o IV Exército atacou ás tropas británicas en Ypres. Os británicos tiveron que retirarse, mentres que os alemáns avanzaron sobre La Bassée e Neuve Chapelle. O 15 de outubro, os británicos contraatacaron, recuperando a posición de Givenchy. Non puideron volver a tomar La Bassée. Os días seguintes, as tropas xermanas recibiron reforzos e retomaron a iniciativa. Os británicos foron quen de manter a súa posición tras ser reforzados por tropas indias. Nos seguintes días e semanas, os británicos resistiron a ofensiva alemá. Finalmente, non se produciron máis cambios territoriais. Outra batalla, a primeira batalla de Ypres, eclipsou estes combates.

Véxanse tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]