Bartholomäus Spranger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxélica e Medoro

Bartholomäus Spranger (Anveres, 1546 - Praga, 1611) foi un pintor e gravador flamengo, representante do estilo maneirista.

Índice

[editar] Biografía breve

Discípulo de Jan Mandyn e de Cornelis van Dalem, viaxou a Italia (Milán e Parma) e a Francia, o que o levou a incorporar o seu estilo á corrente maneirista, que se estaba a desenrolar pola altura.

Vivíu durante unha tempada en Roma, traballando para grandes comitentes, comos os Farnese e os Caprarola, e chegando mesmo a ser nomeado pintor papal no ano 1570. Algo máis tarde pasou a traballar como pintor da corte en Viena e en Praga, entre os anos 1575 e 1611.

Spranger non producíu moitas obras de tema sacro, preferindo case sempre o ámbito mitolóxico. O seu maneirismo, moi elaborado e sólido, é reputado como un dos mellores entre os artistas de fóra de Italia.

[editar] Obras

[editar] Obras da primeira época

[editar] Período romano

[editar] Período centroeuropeo

  • Resurrección de Cristo (ca. 1576) - Praga Narodni Galerie.
  • Anxèlica e Medoro (ca. 1580) - Múnic, Alte Pinakothek.
  • Salmacis e Hermafrodita (ca. 1580) - Kunsthistorisches Museum, Viena.
  • Glauco e Escila (ca. 1580-82) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Hèrcules i Dejanira (ca. 1582) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Hermes e Atenea (fresco, ca. 1584-85) - Castelo de Praga.
  • Hèrcules e Omfalia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Vulcano e Maia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Venus e Adonis (ca.1586) - Amsterdam, Rijksmuseum.
  • "Sine Cerere et Baccho friget Venus" (Sen Ceres e Baco arrefece Venus) (1590) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Epitafio de Nikolaus Müller (ca. 1592) - Praga, Narodni Galerie.
  • Triunfo da sabedoría sobre a ignorància (ca. 1592) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Adoració dos Reis Magos (ca. 1595) - Londres, National Gallery.
  • Venus e Adonis (ca. 1596) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
  • Alegoría da Xustíza e da Prudencia (ca. 1599-1600) - París, Museo do Louvre.
  • Sant Sebastiàn (ca. 1602) - Praga, igrexa de San Tomé.
  • Venus na fragua de Vulcano (ca. 1607-1610) - Viena, Kunsthistorisches Museum.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas