Bajadasaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bajadasaurus pronuspinax
Rango fósil: 140 Ma
Cretáceo inferior

Elementos do esqueleto.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Sauropodomorpha
Infraorde: Sauropoda
Superfamilia: Diplodocoidea
Familia: Dicraeosauridae
Xénero: Bajadasaurus
Gallina et al., 2019
Especie: B. pronuspinax
Gallina et al., 2019

Bajadasaurus pronuspinax é a única especie coñecida do xénero extinto Bajadasaurus de dinosauro saurópodo dicreosáurido, que viviu hai arredor de 140 millóns de anos, a principios do período Cretáceo no Berriasiense, no que é hoxe Suramérica.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Malia os poucos restos atopados, púidose estimar o tamaño grazas á comparación dos elementos do cranio que inclúe o teito dérmico e os ósos palatinos, unha base de cerebro e unha mandíbula inferior case completa, amplía o coñecemento sobre a morfoloxía do cranio deste grupo. Os elementos do cranio conservados, incluída a mandíbula inferior completa, permiten a primeira inferencia confiable do tamaño e a forma dun cranio dicraeoáurido.[1] O tamaño completo estimouse en 12 metros de longo e 3 de altura e 4 toneladas de peso. Pequeno para un saurópodo, o que podería explicar a necesidade de defensas para protexerse e disuadir os depredadores.[2] O trazo anatómico máis notorio de B. pronuspinax constitúeno as espiñas neurais sumamente alongadas orientadas cara a adiante das vértebras do pescozo. Gallina et al. en 2019, suxeriron que estas estruturas poden servir como un sistema de defensa pasivo contra os depredadores. Rexistráronse con anterioridade espiñas alongadas nas cervicais doutro dicreosáurido, Amargasaurus, agás que no seu caso estas cúrvanse cara a atrás.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gallina, Pablo A.; Apesteguía, Sebastián; Canale, Juan I.; Haluza, Alejandro (2019). "A new long-spined dinosaur from Patagonia sheds light on sauropod defense system". Scientific Reports 9 (1). doi:10.1038/s41598-018-37943-3. 
  2. Dinodata.de (ed.). "Bajadasaurus pronuspinax". Consultado o 3 de xuño de 2019.