Maioriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaioriano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Iulius Valerius Maiorianus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento420 Editar o valor em Wikidata
Galia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 461 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Tortona (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Stabbing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Emperador romano de occidente
abril de 457 (Gregoriano) – 2 de agosto de 461 (Gregoriano)
← AvitoLibio Severo →
Senador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 40653085 Editar o valor em Wikidata

Iulius Valerius Maiorianus foi un emperador romano. Naceu probablemente no outono do 420, aínda que a data certa do seu nacemento non se coñece. Non se coñecen antecedentes familiares, só que o seu tío fora conde en Sirmium con Teodosio I, e que o seu pai se dedicaba ás finanzas, pero o seu nome énos descoñecido.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Xa dende moi cativo, Maioriano estivo na vida militar, servindo baixo o mando de Aecio na Galia. Máis tarde está baixo o mando do metade suevo e metade visigodo Ricimer e o galo Exidio, que máis tarde se habían converter en importantes bastións do Imperio.

No 454, Maioriano deixa o servizo activo, e retirase á súa casa, ao parecer obrigado pola esposa de Aecio, pero a raíz do asasinato do xeneral, o emperador Valentiniano III chámao ao seu carón para que se encargue de sufocar o profundo malestar que hai no exército por esta morte.

Ao ano seguinte, Valentiniano III é tamén asasinado, e o trono imperial queda baldeiro, aínda que con moitos candidatos. É nomeado Petronio Máximo, quen nomea a Maioriano comes domesticorum. O reinado deste emperador apenas durou dous meses, e máis tarde, foi Avito o nomeado na Galia. Inicialmente, Maioriano recoñece a apoia a Avito, xunto con Ricimer, e dedícanse a loitar contra os vándalos que estaban a atacar as costas de Córsega e Sicilia, aos que vencen.

Acceso ao poder[editar | editar a fonte]

Maioriano en moeda de bronce.

Pero a chegada de Avito a Roma, e o comportamento da garda persoal, fai que a popularidade do Emperador baixe tanto, que o pobo de Roma se rebela. Esta rebelión fai que Maioriano e Ricimer se rebelen tamén e atopan o emperador no camiño de saída de Roma. Ínstano a abdicar e deixar as súas funcións, cousa que Avito acepta, xa que o seu exército o abandonara en Piazenza e Rávena.

Coa deposición de Avito, o trono estaba baleiro, e tentan que o emperador de oriente nomee un novo emperador. Non obstante, o emperador Marciano morrera, probablemente sen coñecer a sorte de Avito e é nomeado León, quen nun principio non fai nada por resolver a situación; pero Ricimer é nomeado Patricius et Magister Militum e Maioriano como Magister Militum. Porén, os alamáns atacan e invaden dende Raetia o norte de Italia, chegando ata o lago Maggiore. Maioriano envía unha forza contra eles, e consegue eliminar o perigo. Á súa volta, a uns cinco quilómetros de Rávena, o exército no lugar da Pequenas Columnas, nomea a Maioriano emperador por aclamación. Aínda que o seu recoñecemento por parte de León I dende o imperio Oriental aínda tardou case tres meses en ser aceptado, xa dende finais do 456 escomenza a tomar decisións para trocar as cousas no imperio.

A súa política[editar | editar a fonte]

Maioriano era consciente de que só tiña o control de Italia, polo que dende un principio quixo consolidar a súa autoridade alí. O primeiro que fixo foi unha viaxe a Roma, onde recoñece o papel do Senado, entrega cartos para a reconstrución de edificios públicos destruídos e militarmente reforza as provincias do norte de Italia.

Había rexións no Imperio que estaban a esmorecer, xa que o control non era moi forte, e ademais proponse reconquistar rexións que sexan importantes para Roma e o Imperio, e onde se tiña perdido o control. Maioriano vence os vándalos na Campania, onde atacaran e dálle morte ao cuñado de Xenserico. Adícase á construción e reforzamento da frota, especialmente na parte do Adriático e a defensa de Sicilia, para evitar os ataques vándalos.

Marcha á Galia, camiño de Arlés, para chegar a un acordo con Teodorico II, rei dos visigodos e manter o tratado de amizade e colaboración entre eles. Este tratado dálle saída ao mar ao Reino de Tolosa (Toulousse) e o Imperio Romano incorporaba o Val do Ródano de novo ás súas posesións.

Continua a súa marcha cara a Hispania, onde os visigodos, en nome do Imperio Romano, foran expandindo o seu territorio. Entra en maio do 459 e chega a Caesaraugusta (Zaragoza), sendo o primeiro emperador romano en chegar a esta cidade. A súa intención de restaurar o poder romano nesta rexión, a máis rica do imperio, é utilizala coma plataforma para invadir África e rematar co poder dos vándalos de Xenserico. Pero a frota que tiña que transportar o exército cara á provincia de Libia estaba concentrada en Carthago Nova, e mediante unha estrataxema, Xenserico a destrúe, co que evita a invasión proxectada.

Deposición e morte[editar | editar a fonte]

En xullo de 461, Maioriano torna a Italia pasando pola Galia. Ricimero pídelle abdicar aproveitando o intre do seu baixo apoio por parte dos visigodos despois do desastre da frota imperial, que lle custara moitos guerreiros aos aliados dos romanos. En Tortona, Maioriano abdica o 3 de agosto e o 7 de agosto, aparece morto, posiblemente do mal godo (envelenado), aínda que coma sempre na historia hai diferentes versións, dende a súa morte violenta a carón do río Ilyra, ata a morte á súa chegada a Roma. O certo é que con el remata a derradeiro intento de restablecer un pouco o Imperio, e dende logo foi o emprendedor da derradeira gran batalla que se celebrou baixo os pendóns do S.P.Q.R.

Imperio Romano

Segue a:
Avito
Maioriano
Precede a:
Libio Severo
Imperio do Occidente