Avimimus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Avimimus
Rango fósil: 70 Ma
Cretáceo superior

Esqueleto montado de Avimimus.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Oviraptorosauria
Superfamilia: Caenagnathoidea
Familia: Avimimidae
Kurzanov, 1981
Xénero: Avimimus
Kurzanov, 1981
Especie tipo
''Avimimus portentosus''
Kurzanov, 1981
Outras especies

Avimimus (do latín: avis = ave + mimus = imitador) é un xénero de dinosauro terópodo oviraptorosauro, nomeado polas súas características semellantes ás dun paxaro, que viviu no Cretáceo tardío no que agora é Mongolia, hai entre 85 e 70 millóns de anos. O primeiro espécime foi descuberto na Formación de Djadochta e foi descrito oficialmente polo doutor Sergi Kurzanov en 1981.[1] En 1991, Sankar Chatterjee creou a orde Avimimiformes para incluír a Avimimus, mais no presente stá en desuso. A especie tipo é Avimimus portentosus, e unha segunda especie foi nomeada en 2018, chamada Avimimus nemegtensis.

Descrición[editar | editar a fonte]

Tamaño de A. portentosus en comparanza cun humano.

O Avimimus era un dinosauro pequeno semellante a unha ave cunha lonxitude do corpo de 1,5 m .[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Avimimus." In: Dodson, Peter & Britt, Brooks & Carpenter, Kenneth & Forster, Catherine A. & Gillette, David D. & Norell, Mark A. & Olshevsky, George & Parrish, J. Michael & Weishampel, David B. The Age of Dinosaurs. Publications International, LTD. p. 130. ISBN 0-7853-0443-6.