Augure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Augure
Ficha técnica
Título orixinalAugure
DirectorBaloji
Produtor
  • Benoit Roland
Guión
Intérpretes
MúsicaLiesa Van der Aa
FotografíaJoachim Philippe
Montaxe
  • Bertrand Conard
  • Bruno Tracq
Estudio
  • Anonymous Films
  • Big World Cinema
  • New Amsterdam Film Company
  • Red Sea Film Festival Foundation
  • Versus Production
  • Serendipity Films
  • Tosala Films
  • Wrong Men North
Distribuidora
  • Imagine Film Distribution
  • Pan Distribution (Pan-Européenne)
EstreaCannes: 23 de maio de 2023
Duración90 minutos
OrixeBélxica Bélxica
República Democrática do Congo R.D. do Congo
Francia
Países Baixos Países Baixos
Alemaña Alemaña
Sudáfrica Suráfrica
XéneroDrama
Recadación4.936 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt21086802 Allocine: 303132 Editar o valor em Wikidata

Augure é un filme belga de 2023 dirixido polo belga-congolés Baloji. Está protagonizado por Marc Zinga, Lucie Debay e Eliane Umuhire,[2] e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 na sección Un Certain Regard o 23 de maio de 2023, onde gañou o premio New Voice.[3]

É unha coprodución entre Bélxica, a República Democrática do Congo, Francia, os Países Baixos, Alemaña e Suráfrica, e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O congolés Koffi foi repudiado pola súa nai na súa mocidade por ser considerado "zabolo", un termo suahili para feiticeiro malvado. Tempo despois, volve ao Congo dende Europa para visitar á súa familia, xunto coa súa moza branca embarazada. A visita non sae ben xa que os antigos rituais e as supersticións persistentes das tribos locais seguen perseguindo a Koffi.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Omen (2023)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de abril de 2024. 
  2. Baloji (19 de outubro de 2023). "Omen". Cineuropa (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  3. Debruge, Peter (27 de maio de 2023). "Cannes Awards: 'Anatomy of a Fall' Takes Palme d'Or, 'The Zone of Interest' and 'The Pot au Feu' Among Winners". Variety. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  4. Roxborough, Scott (14 de setembro de 2023). "Oscars: Belgium Picks 'Omen' as International Feature Submission". Hollywood Reporter. 
  5. ""Augure" by Baloji Tshiani Wins the New Voices Award at Cannes". ACP-EU Culture. 2023-05-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]