Augas Santas, Allariz
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Augas Santas.
| Augas Santas | |
|---|---|
| Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas. | |
| Concello | Allariz |
| Área | - km² |
| Poboación | 200 hab. (2010) |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).
Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias alaricanas de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio histórico
Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo[1].
Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. Cabo da igrexa ten está o pazo de verán o bispo de Ourense.
Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.
[editar] Demografía
No período 1999—2010 a poboación de Augas Santas diminuíu 96 persoas (48 homes e 48 mulleres), en porcentaxe iso supón unha caída do 32,43 %.
| Augas Santas, evolución da poboación | |||||
| Ano | 1999 | 2003 | 2007 | 2010 | +/- % |
| Pob. | 296 | 253 | 222 | 200 | - 32.43 |
| Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE) | |||||
| Distribución da poboación nos lugares de Augas Santas en 2010 | |||||
| Lugar | Armeá | Ducí | Laioso | Outeiro de Laxe | Pazo |
| Pob. | 6 | 11 | 40 | 27 | 1 |
| Lugar | Sta.M. de Augas Santas | O Souto | Tosende | Turzas | A Vila |
| Pob. | 67 | 19 | 9 | 17 | 3 |
| Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE) | |||||
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Augas Santas, Allariz.
[editar] Notas
- ↑ "O gravado dun guerreiro sorprende na escavación do castro de Armeá", artigo en Cultura galega, 22 de xullo de 2011.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Augas Santas
| Lugares da parroquia de Augas Santas no concello de Allariz (Ourense) | |
|---|---|
|
Armeá | Ducí | Laioso | Outeiro de Laxe | Pazo | Santa Mariña de Augas Santas | O Souto | Tosende | Turzas | A Vila |