Segmento E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Audi A6, un turismo do segmento E.
Volvo S80, un turismo do segmento E.

O segmento E é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos D e F. Xeralmente teñen espazo para cinco adultos, aínda que algunhas características fan que se adapte mellor para catro persoas, por exemplo debido á forma dos asentos, ou o túnel central traseiro no caso de modelos con tracción traseira.

Actualmente, estes automóbiles miden aproximadamente entre 4´75 m e 4´95 m de longo, e predominan en carrozaría sedán, liftback e familiar. Os seus motores adoitan ter entre cinco e oito cilindros e entre 2´4 e 5´0 litros de cilindrada, aínda que hai tamén catro cilindros de 2´0 litros e deportivos de ata dez cilindros ou 6´2 litros.

Un automóbil de turismo do segmento E adóitase denominar "berlina grande" ou "berlina mediana grande", aínda que hai outros términos similares provenientes doutros idiomas. Un todoterreo deste segmento chámase "todoterreo mediano" ou "mediano grande".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]