Whangarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°43′30″S 174°19′25″E / 35.72500°S 174.32361°E / -35.72500; 174.32361

Whangarei
Whangārei-terenga-parāoa (en maorí)
Whangarei view from parahki.JPG
Vista da cidade de Whangarei
Situación xeográfica
Whangarei en Nova Zelandia
Whangarei
Whangarei
País Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Rexión Northland
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación 52.900 hab. (2013)
Densidade hab/km²
Información
Código postal 0110, 0112
Alcalde Sheryl Mai
Páxina web Páxina web

Whangarei é a cidade mais ó norte de Nova Zelandia, e a capital da rexión de Northland. En 2010 tiña unha poboación estimada de 51.900 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O capitán James Cook foi o primeiro explorador europeo que divisou a entrada do actual porto de Whangarei en 1769. A comezos do século XIX a rexión viviu varias loitas entre grupos indíxenas de maorís. Os primeiros colonos que fixeron desta zona o seu fogar a partir de 1839 foron comerciantes escoceses. En 1845 comezou unha serie de guerras entre os grupos maorís da zona e o exército británico que fixo que a maioría dos colonos marchasen da súas granxas para non volver nunca. A partir de 1855 naceu unha pequena localidade a partir do comercio dunha resina fósil chamada Kauri, semellante ó copal. Ese asentamento creceu cos anos, axudado polo comercio de carbón, pedra caliza, ladrillos, etc. A finais do século XIX Whangarei xa era a localidade mais grande e importante da rexión de Northland. Nos comezos do século XX os recursos naturais da zona desapareceron pouco a pouco, pero a economía resistiu gracias á agricultura e á produción de leite. O ferrocarril chegou a Whangarei en 1925. Ata entón o principal medio de transporte da cidade eran os barcos que chegaban e saían do seu porto. Ó longo da primeira metade do século XX Whangarei converteuse no centro dos servicios da rexión de Northland, e xa na segunda metade do século, instalouse unha refinería de petróleo, desenrrolouse unha importante industria madereira, e o porto converteuse nun porto de contenedores que lle da servizo á cidade de Auckland.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da cidade é subtropical, con poucas xeadas, moitas choivas, e temperaturas suaves no verán.

Deporte[editar | editar a fonte]

Como ocorre en toda Nova Zelandia, o rugby é o deporte mais importante en Whangarei. O equipo Northland Rugby Union compite cada ano na ITM Cup, e disputa os seus encontros no estadio Okara Park. Este estadio acollerá varios encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que organiza Nova Zelandia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]