Arturo Alcoceba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo Alcoceba
Biografía
Nacemento(eu) Arturo Alcoceba Isusi Editar o valor em Wikidata
4 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Sodupe, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco, Güeñes
1976 – 1981
Fundador Batzoki de Sodupe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSestao Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDeia (1977–2016) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Outro
PaisArturo Alcoceba Sr. Editar o valor em Wikidata  e Isabel Isusi Editar o valor em Wikidata
IrmánsPaquita Alcoceba, Isabelita Alcoceba e Lander Alcoceba Editar o valor em Wikidata
ParentesLuis Laiseka (cuñado)
Cipriano Isusi (avó)
María Llaguno (avoa)
Ziortza Laiseka (sobriña)
Maider Laiseka (sobriña)
Sonia Lambarri (sobriña)
Isusko Lambarri (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Condenado porliberdade de reunião (pt) Traducir (1975)
→ (Amnistía) Editar o valor em Wikidata

Arturo Alcoceba Isusi, nado en Sodupe, Güeñes, o 4 de decembro de 1952, é un político e activista político e social vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arturo Alcoceba naceu en Sodupe (Güeñes, Biscaia) o 4 de decembro de 1952, no seo dunha familia nacionalista vasca. Fillo de Arturo Alcoceba e Isabel Isusi, cun irmán e dúas irmás. A súa irmá é Paquita Alcoceba, política e activista vasca, representante de Gure Esku Dago e o seu cuñado é Luis Laiseka, político vasco.

O seu avó materno era Cipriano Isusi, un miliciano vasco que loitou no Eusko Gudarostea na Guerra Civil. Ao ser nacionalista vasco e loitar por Euskadi e pola República, os nacionais botáronos da súa casa e lles requisaron o casarío familiar no barrio de Castiñeiros (Galdames) na Guerra Civil e tamén lles quitaron todo o diñeiro (queimáronlles todos os seus billetes) e trasladáronse a vivir a Güeñes. Cipriano foi encarcerado en 1938 na Colonia Penal do Dueso, Prisión Central del Puerto de Santa María, onde coincidiu con Juan de Ajuriaguerra, o seu compañeiro e amigo, e tambiñen con Jesús María de Leizaola, compañeiro e amigo.[1][2]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Desde mozo, na década dos sesenta, afiliouse a EGI do Partido Nacionalista Vasco, cando era clandestino, formando parte da organización clandestina do PNV (colocación de  ikurriñas, pintadas, repartición de propaganda, concentracións ilegais, fogueiras nos cumes en véspera de Aberri Eguna).[3] Tamén desde mozo estivo no Consello municipal do PNV de Güeñes. Foi detido en varias ocasións por actividades políticas non permitidas no franquismo.[4]

Durante o Franquismo el, xunto cuns amigos seus, foi ao monte Gorbea e na punta do monte cravou unha gran ikurriña, ao berro de "Gora Euskadi askatuta" (viva euskadi libre, en galego) e " Gora Euskal errepublika" (viva a república vasca, en galego). Cando a Garda Civil o viu, perseguiunos, pero conseguiron escapar.

Polos actos políticos prohibidos levados a cabo, foi detido pola Garda Civil por "actividades  subversivas" (xunto con Santos Gauna Larriñaga (Larri), José Miguel (Txemi) de la Fuente Zubiaga, Rodolfo Sampelayo Menchaca e Francisco Javier Calzada Euba) o 7 de marzo de 1975[5], e levado ao cuartel da Garda Civil de La Salve (Bilbao), onde foi torturado[6], tivo que ser levado ao hospital por iso.

Trece detenidos por actividad subversiva.

Bilbao, 18. (Europa Press.). Trece personas han sido detenidas en Vizcaya por la Guardia Civil como presuntos autores de varias pintadas subversivas aparecidas en los Municipios vizcaínos de Valmaseda, Zalla, Sodupe y Alonsotegui, así como a los asistentes a una pretendida reunión de caracter ilegal celebrada en una localidad próxima a Bilbao.

La Guardia Civil inició sus gestiones a raíz de conocer el pasado día 8 se habían realizado pintadas de carácter subversivo en diferentes puntos de Vizcaya. Los presuntos autores habían huído en un turismo Simca 1.200, ... , que fue localizado e identificado por su propietario Santos Gauna Larriñaga, vecino de Sodupe, quien fue trasladado a la Comandancia de la Guardia Civil, donde -dicen fuentes policiales- facilitó la identidad de sus acompañantes: José Miguel de la Fuente Zubiaga, natural de Aranguren (Vizcaya), soltero; Rodolfo Sampelayo Menchaca, natural de Sodupe, soltero y administrativo; Arturo Alcoceba Isusi, natural de Sodupe, soltero, electricista; Francisco Javier Calzada Euba, natural de Sodupe, soltero, deliante, todos ellos con edades de alrederdor de 25 años.

Los interesados confirmaron que, hace unos tres meses, celebraron una reunión en un caserío abandonado, en un barrio del Municipio vizcaíno de Gueñes.

El pasado día 11 se detuvo a tres de los asistentes a la reunión, y el día 13, a los restantes. Todos ellos, al igual que los citados anteriormente, han pasado, con las diligencias practicadas, a disposición del Juzgado de Instruccion número 1, de Bilbao, junto con el vehículo intervenido.
—ABC, 19 de marzo de 1975 (Páx. 46)

Mentres estaba detido e en prisión, o seu avogado foi Xabier Arzalluz, político guipuscoano e presidente do PNV, foi ao cárcere e levou a súa defensa xudicial, e pagaron a súa fianza, el e o partido. Máis dun ano e medio máis tarde, con motivo da proclamación de Juan Carlos I como Rey de España, foron indultados, cun indulto xeral para aqueles delitos e faltas de intencionalidade política e de opinión, menores de 3 anos.[7]

Deia e Batzoki[editar | editar a fonte]

En 1977 participou na creación do diario Deia, onde traballou desde entón, xunto con Kepa Intxaurbe e Iñaki González (actual director de Deia) e onde tivo como compañeiro a Andoni Ortuzar. En 1986 cando se creou Eusko Alkartasuna e creouse o xornal Gaur Express (1988-1989) impulsado por EA, a dirección do xornal pediulle que se incorporase ao xornal, pero  Alcoceba rexeitouno e quedou en Deia.

Tamén en 1977 fundou, xunto a outros amigos, o Batzoki de Güeñes (é socio fundador), cando acabou o Franquismo e a súa creación empezou a ser legal. Foi membro da executiva municipal do PNV de Güeñes e tamén o seu presidente, indo nas listas electorais en moitas ocasións.

Defendeu sempre o sector soberanista e independentista do PNV. En 1980, Alcoceba e outros amigos presentaron unhas emendas no Batzoki de Güeñes, relativas ao Batzoki e ao partido. Todo iso creou moitísimo conflito no PNV nacional e Xabier Arzalluz, o seu amigo, que xa era presidente do PNV, e foi ata o Batzoki de Güeñes e despois de días de discusión expulsounos do Batzoki.

Ese ano, en 1980, Alcoceba e os expulsados crearon o Jator Enea Kultur Alkartea (en galego, Asociación cultural Jator Enea) en Güeñes[8], comprando para iso unha taberna, para poder ter un lugar para realizar as actividades propostas no Batzoki (eventos culturais, danzas vascas...) e para poder ter un lugar de reunión político.

A creación do partido Eusko Alkartasuna en 1986 tivo grande importancia en Güeñes e na taberna "Jator Enea" discutiuse se incluírse en EA ou non, tendo iso tamén importancia no Eusko Alkartasuna nacional e afectando ao por aquel entón presidente Carlos Garaikoetxea.

Está moi ligado ao movemento das ikastolas e foi un dos impulsores da ikastola Asti- Leku, para ter un referente de euskaldunización en Biscaia, sendo compañeiro e amigo do primeiro director da ikastola, Ruper Ormaza.

Por defender o sector soberanista e independentista do PNV e ser crítico co partido, foi expulsado del. Alcoceba tamén foi defensor do Plan Ibarretxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cipriano Isusi Alday | Todos los Nombres". www.todoslosnombres.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-20. 
  2. haitzgorri (2018-07-15). "632 presos de Bizkaia en el “El Puerto de Santa María”, Cádiz". ERREPUBLIKA PLAZA (en castelán). Consultado o 2021-01-20. 
  3. "Luis Mari Zarate, un 'humilde' militante de la cultura, la montaña, del PNV y de ELA". www.deia.eus. Consultado o 2021-01-20. 
  4. "ABC (Madrid) - 19/03/1975, p. 46 - ABC.es Hemeroteca". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-02-22. 
  5. "Euskal Memoria:-Euskal Memoriako blogak". www.euskalmemoria.eus. Consultado o 2019-02-22. 
  6. "Euskal Memoria:-Euskal Memoriako blogak". www.euskalmemoria.eus. Consultado o 2019-02-22. 
  7. "Amnistía e indultos durante la democracia española". www.elmundo.es. Consultado o 2020-01-02. 
  8. "JATOR ENEA KULTUR KIROL ALKARTEA". www.euskadi.eus (en castelán). 2011-10-21. Consultado o 2019-02-22.