Jesús María de Leizaola
Jesús María de Leizaola Sánchez (San Sebastián, 1896 - 1989) foi un político vasco, lehendakari do Goberno Vasco no exilio entre 1960 e 1979. Iniciou a súa andadura política como deputado do PNV no Congreso dos Deputados durante a Segunda República. Trala Guerra Civil foi membro do goberno do lehendakari José Antonio Aguirre como Conselleiro de Xustiza e Cultura. Foi nomeado Lehendakari en 1960, logo do pasamento de Aguirre.
O Lehendakari Leizaola desenvolveu a súa labor no exilio, fixando a súa residencia en París, dende onde se dedicou a denunciar a ditadura. En 1979, logo de 43 anos de exilio, voltou ao País Vasco, que nese momento iniciaba a recuperación da democracia e o autogoberno. Compaxinou a súa labor política con inquetudes literarias e intelectuais. Foi autor de literatura vasca e de estudos de poesía.
| Predecesor: José Antonio Aguirre |
Lehendakari 1960 - 1979 |
Sucesor: Carlos Garaikoetxea |