Euzko Gaztedi Indarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euzko Gaztedi Indarra
Logo
AcrónimoEGI
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Data de fundación1904
SedeDonostia, Pamplona, Iparralde, Bilbao, Guipúscoa e Vitória
PaísEspaña
Na rede
http://www.euzkogaztedi.eus
editar datos en Wikidata ]

Euzko Gaztedi Indarra-EGI (en éuscaro "Forza Xuventude Vasca") é o órgano xuvenil do Partido Nacionalista Vasco (PNV). Segundo os seus estatutos defínese como unha organización vasca, democrática, plural, participativa, independentista e humanista. Declárase de vocación europeísta e humanista. O seu ámbito de actuación é o da xuventude e, seguindo a ideoloxía do seu partido matriz, ten como obxectivo a soberanía do País Vasco desexando lograr un marco de respecto á identidade dos pobos e ós dereitos humanos.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse o 14 de febreiro de 1904, tres meses despois da morte de Sabino Arana, fundador do PNV, recollendo as súas ideas sobre nacionalismo e liberdade. Nun principio contou cuns 400 membros e destacou como asociación xuvenil nacionalista ata a guerra civil española.

Despois da guerra refundouse en Venezuela onde quedou integrada na estrutura política do partido no exterior. A partir de 1960 intégrase na resistencia contra a ditadura de Franco. Destas accións de resistencia xurdiría unha fugaz relación con Ekin.

En 1952 organízase un grupo de estudo universitario co nome Ekin (emprender en vasco) en Bilbao. A partir de 1953 o grupo toma contacto coa organización xuvenil do PNV, Euzko Gaztedi Indarra (EGI). É en 1956 cando ambas asociacións fúndense. En 1958 comezan a albiscar tensións no interior da asociación que levan á escisión de ambos grupos. EKIN se converte en ETA o 31 de xullo de 1959.

EGI seguiu a realizar accións reivindicativas nacionalistas como a posta dunha ikurriña na punta dunha das torres da catedral de Burgos o día da Hispanidade e a participación en accións conxuntas con outras asociacións nacionalistas xuvenís europeas.

Despois da morte do ditador en 1975 aproveitou a apertura democrática para medrar, xunto ó partido matriz. Na actualidade realiza as funcións que o partido lle ecomenda de carácter revindicativo e de extensión das ideas nacionalistas vascas pola xuventude do País Vasco así como a difusión da cultura vasca.

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Relacións internacionais[editar | editar a fonte]

EGI mantén relacións e contactos con varias organizacións e partidos doutros pobos de España e doutros países. Entre estas oranizacións están:

Actos anuais[editar | editar a fonte]

Entre os diferentes actos que a organización organiza (charlas, saídas e excursións, xornadas dedicadas a direfentes temas...), ademais da participación en todos aqueles que o PNV realiza, destacan o EGI eguna (día de EGI) que consiste nunha acampada a fin de semana anterior ó Aberri Eguna, a acampada do Alderdi eguna (día do partido) e o EGIko Plaza (praza de EGI), unha xornada onde se mestura o deporte, a política e a festa (este unicamente realízase en Biscaia).

Feitos recentes[editar | editar a fonte]

En novembro de 2005, e xunto con outras organizacións xuvenís nacionalistas, acordaron crear un Consello da Xuventude. Udalbiltza e Batasuna felicitaron o paso dado polos xoves e desexaron que poidan dar froitos no futuro. [1]

O 1 de abril de 2006, EGI participou na manifestación de Bilbao convocada por partidos e sindicatos abertzales e á que o PNV non se sumou ó entender que «detrás dela escóndese o obxectivo de conformar un polo independentista que sexa alternativa política e social» á formación jeltzale. A executiva do PNV reiterou que a súa posición oficial é non asistir á mesma. Un acordo que se adoptou por unanimidade de tódolos seus membros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]