Gure Esku Dago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gure Esku Dago
Tipoorganización
Data de fundación2013
PremiosPremio Argia
PaísEspaña
Na rede
https://gureeskudago.eus
editar datos en Wikidata ]

Gure Esku Dago (GED, "Está nas nosas mans", en vingua vasca, oficialmente denominada Gure Esku Dago GED-EH Kultura Elkartea), é unha asociación cultural española que se define como unha iniciativa cidadá plural e participativa, que traballa polo dereito para decidir do pobo vasco, ofrecendo o seu apoio a diversas iniciativas locais e organizando consultas en diferentes territorios.

Historia[editar | editar a fonte]

O 8 de xuño de 2014 organizouse unha cadea humana que uniu Durango con Pamplona polo dereito para decidir no territorio de Euskal Herria e xuntou a máis de 150.000 persoas.[1][2][3]

O 8 de novembro de 2014, na praia de Zurriola[4][5], organizouse un gran mosaico, fermoso e colorido con 10.000 persoas, co obxectivo de felicitar ao pobo escocés, dar ánimos ao pobo catalán ás portas da consulta e dar un paso máis polo dereito para decidir en Euskal Herria.[6]

A partir do ano 2016 Gure Esku Dago estivo organizando consultas locais polo dereito para decidir.[7][8]

Diversos actores sociais apoiaron a Gure Esku Dago, como actores, cantantes, deportistas, cociñeiros... Entre os partidos: Partido Nacionalista Vasco, Podemos, Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu, Esquerra Republicana de Catalunya, PDeCAT...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un recorrido de 123 kilómetros a favor del derecho a decidir". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  2. "La cadena humana reclama el derecho de Euskal Herria a decidir". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  3. "Cadena humana solidaria por Cataluña en el Goierri guipuzcoano". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  4. "Mosaico por el derecho a decidir en La Zurriola". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  5. "Miles de personas se muestran 'preparadas para decidir' en Bilbao". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  6. "Gure Esku Dago formará un mosaico gigante el 10 de junio en Bilbao". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  7. "El 27 de enero Gure Esku Dago presentará la movilización de junio | Gure Esku Dago". gureeskudago.eus. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-18. 
  8. "Resultados pueblo a pueblo de las consultas del 5 de noviembre de GED". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.