Arte povera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo arte povera (voz italiana para "arte pobre"), acuñado polo crítico e comisario de arte italiano Germano Celant en 1967 para o catálogo da exposición 'Arte povera – Im Spazio' para a galería A Bertesca, intentaba describir a tendencia dunha nova xeración de artistas italianos, gregos, alemáns e americanos,de traballar con materiais nada tradicionais e considerados 'pobres', de fácil obtención: desde lixo ata produtos sustraídos directamente da natureza como madeira, follas ou rocas. Aínda que a eclosión da arte povera produciuse case simultaneamente en Italia e Estados Unidos, a pesar de que, como se dixo, se tende a considerar o devandito movemento como un típico produto italiano. Supuxo unha importantísima reflexión estética sobre as relacións entre o material, a obra e o seu proceso de fabricación e tamén un rexeitamento cara a crecente industrialización, metalización e mecanización do mundo que os rodeaba, incluído o da arte. Aínda que é orixinario de cidades como Turín, Milán, Xénova ou Roma e de carácter moi heteroxéneo, o movemento tivo rapidamnete moita influencia, grazas á documenta V de Kassell, na escena artística europea e norte e sud americana. Polo tanto, este arte válese de obxectos de refugallo ou sen valor real nin artístico, triviais e alleos a conceptualizacións como belo, fermoso ou exquisito; é dicir, non creados a priori cunha intencionalidade artística. Pola contra, proponse dar valor a estruturas primarias conseguidas con materiais groseiros — e até repulsivos — pero sempre tentado dotalos dun espírito poético. É por iso que os artistas tratan de levar a atención do espectador cara a aspectos cotiáns, anónimos e rutineiros aos que nunca atribuíuse calidade artística algunha. 

Robert Morris nun artigo publicado na revista Art Forum en 1968, expuxo os puntos craves desta ideoloxía *antiforma: equiparar as condicións de peso coas espaciais; valorar o azar e a indeterminación na procura de novas configuracións; rexeitar as formas duradeiras e que seguen orde preconcibida; acabar coa consideración estética da forma dunha obra de arte. R. Morris co seu manifesto Anti-Forma non facía senón reaccionar contra a arte minimal e serial, considerados como demasiado ríxidos, racionais e repetitivos. Pola súa banda, Germano Celant, no seu primeiro Manifesto Povera, cuxa publicación coincidiu coa primeira exposición do movemento en 1967, falaba de rexeitar todo tipo de visualidade que non estivese directamente ligada á esencia do obxecto. Había que exaltar o carácter empírico e non especulativo da investigación, do mesmo xeito que os feitos reais, a presenza física dun obxecto e o comportamento do suxeito. No segundo manifesto, Appunti per una guerriglia (1967), 

Celant avogou por unha arte pobre determinado polo “presente, a continxencia e os acontecementos non-históricos”. A poética povera que até certo punto enlaza coa revolución cultural de 1968 e que en último termo reivindica outro tipo de sociedade e outro sistema de percepción, non só reivindica unha nova materialidade, senón tamén, e basicamente, unha activación dos materiais en oposición á súa pasividade. Cada material considérase como unha fonte de enerxía; de cada material valóranse as súas propiedades de fluidez, de elasticidade, de condutibilidade, de maleabilidade, nunha palabra, as súas propiedades de activación e a súa potencialidade transformadora. Plantas e animais, e mesmo a propia natureza inanimada, acaban impondo as súas calidades plásticas sobre a base das súas propiedades físico-químicas. Da materia non interesa o seu estado de quietude, senón os seus valores mutables. A conservación dunha galería en cortello con doce cabalos levaba a cabo por Janis Kounellis, en 1936, pode considerarse exemplo paradigmático do povera. 

Por tanto, os artistas povera non só rexeitan a sociedade tecnolóxica ou consumista, ou mesmo as propiedades estéticas dos materiais, o cal lles distancia do informalismo matérico, senón que negan toda noción racionalista da obra de arte. Robert Morris apuntou a este respecto: “o que atacamos é a noción racionalista de que a arte é unha forma de obra que resulta dun produto acabado. O que a arte ten agora nas súas mans é materia mutable. A noción de que a obra é un proceso irreversible, que desemboca nun obxecto-icona-estética xa non ten relevancia”. Aos povera tampouco lles interesa a idea duchampiana de converter obxectos da realidade en obras de arte; o importante para eles é concienciar ao espectador da realidade estético-social das cousas para, nun segundo estadio, provocar reflexións e posturas críticas. 

Artistas[editar | editar a fonte]