Palacio da Aljafería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista frontal do Palacio da Aljafería.

O Palacio da Aljafería está situado na cidade de Zaragoza e foi declarado monumento nacional de interese histórico-artístico o 4 de xuño de 1931. Aínda así o seu estado de conservación era deplorable ata que no 1947 o arquitecto Francisco Iñiguez Almech, liderou os traballos de rehabilitación que posteriormente foi continuada polos arquitecto s Ángel Pero Padre Muniesa, Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín. O resultado destas rehabilitacións xunto con diversas escavacións arqueolóxicas deu lugar á aparencia que hoxe en día presenta o edificio. Ademais hai que engadir as instalación das cortes de Aragón comezadas no 1985 e dirixidas polos arquitectos Franco e Pemán. Esta ampliación levouse a cabo tendo en conta as tendencias estéticas predominantes na arquitectura moderna, diferenciándose, deste xeito do resto das partes do palacio.

O ano 2001, a UNESCO declarou patrimonio da humanidade o arte mudéxar de Aragón, sendo o Palacio da Aljafería, un dos monumentos máis representativos e emblemáticos deste estilo.

O palacio islámico[editar | editar a fonte]

Conserva parte do seu antigo recinto amurallado, de base cuadrangular, reforzado por grandes torres semicirculares, as cales hai que engadir a Torre do Trobador, cunha zona inferior, do século IX. Sendo esta o resto arquitectónico máis antigo do conxunto.

Este recinto contén na súa parte central construción residenciais que seguen o modelo típico dun palacio islámico de influencia omeia, tal e como se tiñan desenvolvido os palacios musulmáns do deserto, que se remontaban ó século VIII.

Polo tanto temos por unha banda o espírito defensivo das murallas e polo outro o palacio taifal considerado de gran beleza polos seus ornamentos e a súa estrutura. Este está formado por un gran patio rectangular a ceo aberto e cunha alberca no seu lado sur. Tamén contan con dous pórticos laterais, con arcadas mixtilíneas e polilobuladas que actúan como se foran pantallas visuais. Adicionalmente temos as estancias tripartitas que nas súas orixes estaban destinadas para uso cerimonial e privado.

Ademais no pórtico norte atópase un pequeno oratorio ou mihrab , de base octogonal e de reducidas dimensións cunha gran decoración de xeso con fragmentos pictóricos, de tons vivos e contrastados de gran interese.

Todos estes logros artísticos correspóndense coas obras realizadas na segunda metade do século XI baixo o mando do rei Abu-Ya far Ah-mad ibn Hud al-Muqtadir. Este palacio supón unha das obras cumio do arte musulmán na península ibérica que foron tomadas coma modelo posteriormente no Reais Alcázares de Sevilla ou na Alhambra de Granada.

O palacio cristián medieval[editar | editar a fonte]

Trala reconquista de Zaragoza por Afonso I no ano 1118, o palacio converteuse na residencia dos monarcas aragoneses, quenes impulsaron diversas obras de ampliación e acondicionamento.

Así durante este período (séculos XII-XIV) pódese citar a orixe da iglesia de San Martiño, da capela de San Xurxo (hoxe desaparecida), a arquería oeste e sobre todo as salas do palacio mudéxar do rei Pedro IV, coroadas por uns alfarxes, hoxe restaurados.

O palacio dos Reis Católicos[editar | editar a fonte]

Foi erixido sobre a estrutura musulmana o redor do 1492 co fin de simbolizar o prestixio dos monarcas cristiáns. Poren a dirección das obras foi encargada ó mestre mudéxar Faraig de Gali e nelas fúndese elementos medievais con outros máis novidosos propios do Renacemento. Esta nova estrutura consta dunha escalinata, unha galería e un conxunto de salas, denominadas “dos Pasos Perdidos” que teñen o seu punto álxido no Salón do Trono. Salientar os teitos de madeira dourada e policromada e o artesanado do Salón do Trono.

Reformas e ampliacións: Época moderna e contemporánea[editar | editar a fonte]

A partires de 1593 e por orde do rei Filipe II, o enxeñeiro sienés Tiburcio Spanochi deseñou os planos para transformar o palacio nun forte “á moderna”. Desta maneira dotouse dun novo recinto amurallado exterior con baluartes pentagonais nas esquinas e un novo foso. Porén o que realmente se pretendía foi poñer de manifesto o poder real fronte as reivindicacións forais dos aragoneses e posibles revoltas en Zaragoza. Tras estes cambios, o carácter militar do palacio ampliouse durante os séculos XVIII e XIX coa intención de convertelo nun acuartelamento regular. Entre as modificacións máis importantes citar os torreóns neogóticos engadidos en tempos de Isabel II.

Estrutura Actual[editar | editar a fonte]

Actualmente existen dúas delimitacións claras no palacio: a área habilitada coma sede das cortes de Aragón e a área monumental dispoñible para a visita turística. Os elementos máis característicos actuais son: a ponte, o foso, a porta de entrada, a muralla musulmana, o patio de san Martiño, a capela de san Martiño, a torre do trobador, o oratorio, o patio de santa Isabel, unha planta baixa( salas do palacio islámico), unha planta intermedia (sala dos reis católicos) , unha planta superior (salas do palacio cristián medieval), patio de armas, cuarteis de Carlos III, e os Torreóns neogóticos do 1868.

As cortes de Aragón[editar | editar a fonte]

Dende o ano 1987 o palacio alberga a institución que representa ós aragoneses: As cortes de Aragón. Estas Cortes están constituídas por 67 deputados, 14 pola provincia de Teruel, 18 pola de Huesca e 35 pola de Zaragoza. As súas sesións desenvólvense no hemiciclo, espazo que pertence a un edificio de nova planta, illado da muralla e palacio taifal, pero integrado no interior do monumento e situado en fronte da capela de San Martiño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]