Arao papagaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arao papagaio
Adulto en Islandia
Adulto en Islandia
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Alcidae
Xénero: 'Fratercula'
Especie: ''F. arctica''
Nome binomial
''Fratercula arctica''
(Linnaeus, 1758)
*Azul=Lugares de cría *Negro=Distribución no verán *Vermello=Distribución no inverno

*Azul=Lugares de cría
  • Negro=Distribución no verán
  • Vermello=Distribución no inverno
Sinonimia

Alca arctica Linnaeus, 1758

O arao papagaio, arao loro ou aro de altura[1](Fratercula arctica) é unha ave mariña palmípede. Caracterízase polo seu peteiro triangular e moi largo e de cor vermella, amarela e azul no verán, pero que perde a cor no inverno.

Arao papagaio

Características[editar | editar a fonte]

É unha ave mariña pequeneira dunha lonxitude de 28-34 cm e dunha envergadura de 50-60 cm, de plumaxe negra, co peito e ventre brancos e as patas laranxas e bastante curtas.

O seu peteiro, forte e robusto, é o máis característico. Ten unha base gris azulada co extremo vermello, e presenta irisacións douradas. No inverno, porén, faise máis gris e menos rechamante.

Distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat é Europa do Norte, Islandia e o leste de Norteamérica. Ás veces achégase ata as costas de Galicia.

Etoloxía[editar | editar a fonte]

Cría en colonias na costa, no fondo de buratos e coviñas de ata un metro, moitas veces aproveitados de tobos de coellos ou doutras aves mariñas. Nos niños deposita 1 ou 2 ovos; a femia encárgase da incubación que dura 40 días. Pasa o inverno no mar, chegando ás veces ata o Mediterráneo occidental, nesa época é cando se aproximan ás costas galegas.

Aliméntase de peixes, que complementa con crustáceos e moluscos, que capturan mergullándose no océano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1]
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao papagaio