Arao papagaio
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arao.
| Arao papagaio | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Fratercula arctica | ||||||||||||
O arao papagaio ou arao loro (Fratercula arctica) é unha ave mariña palmípede. Caracterízase polo seu peteiro triangular e moi largo e de cor vermella, amarela e azul no verán, pero que perde a cor no inverno.
[editar] Características
É unha ave mariña pequeneira dunha lonxitude de 28-34 cm e dunha envergadura de 50-60 cm, de plumaxe negra, co peito e ventre brancos e as patas laranxas e bastante curtas.
O seu peteiro, forte e robusto, é o máis característico. Ten unha base gris azulada co extremo vermello, e presenta irisacións douradas. No inverno, porén, faise máis gris e menos rechamante.
[editar] Distribución
O seu hábitat é Europa do Norte, Islandia e o leste de Norteamérica. Ás veces achégase ata as costas de Galicia.
[editar] Etoloxía
Cría en colonias na costa, no fondo de buratos e coviñas de ata un metro, moitas veces aproveitados de tobos de coellos ou doutras aves mariñas. Nos niños deposita 1 ou 2 ovos; a femia encárgase da incubación que dura 40 días. Pasa o inverno no mar, chegando ás veces ata o Mediterráneo occidental, nesa época é cando se aproximan ás costas galegas.
Aliméntase de peixes, que complementa con crustáceos e moluscos, que capturan mergullándose no océano.