Cerefolio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerefolio
Illustration Anthriscus cerefolium0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Scandiceae
Subtribo: Scandicinae
Xénero: Anthriscus
Pers.
Especie: ''A. cerefolium''
Nome binomial
''Anthriscus cerefolium''
(L.) Hoffm.

O cerefolio[1] ou cerefollo (Anthriscus cerefolium) é unha especie do xénero Anthriscus emparentada co pirixel. É nativa do Cáucaso, pero foi diseminada por toda Europa polos romanos, onde se naturalizou.[2]

Ilustración

Características[editar | editar a fonte]

Planta herbácea cultivada, de carácter anual, crece entre 40-70 cm de altura. Os talos son de 30 a 40 cm de alto, finos, ramosos, ocos e estriados. As follas son tripinnadas, recortadas en lóbulos lanceolados, e poden ser rizadas. As diminutas flores brancas forman pequenas umbelas de 2,5 a 5 cm de diámetro. O froito, de arredor de 1 cm de longo, é oblongo, cunha delgada crista en forma de pico,[2] estriado, e cando madura adquire unha cor negra.

A planta despide un aroma agradable.

Historia[editar | editar a fonte]

Xa era coñecida por Plinio o Vello como cerefolium. O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.[3]

Emprego[editar | editar a fonte]

É unha planta que se emprega máis para uso culinario que medicinal. É diurética, aperitiva, tónica e estimulante. Pódese utilizar como substituto do pirixel.[3]

Indicacións: é carminativo, expectorante, diurético, aperitivo, tónico, estimulante, estomacal, antiescrofular. Afrodisíaco. Algúns autores sospeitan que pode producir dermatite de contacto e reaccións alérxicas como a febre dos feos. Ao recoller as follas tenras debe terse tino de non confundilas coas de Aethusa cynapium nin coas de Oenanthe crocata, de moi alta toxicidade.[3]

Outros usos: as follas secas úsanse como especias, e o seu sabor recorda unha mestura de anís e carvea, ou de anís e perexil. As sementes úsanse no norte de África como especia nos mesmos pratos que o coriandro. Tamén é usado como colorante amarelo.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Anthriscus cerefolium foi descrita por (Carl von Linné) Hoffm. e publicado en Genera Plantarum Umbelliferarum 41–42. 1814. [4]

Etimoloxía

cerefolium: epíteto latino que significa "follas de cera".[5]

Sinonimia
  • Anthriscus cerefolium var. longirostris (Bertol.) Cannon
  • Anthriscus cerefolium subsp. trichosperma Nyman
  • Anthriscus chaerophyllus St.-Lag.
  • Anthriscus longirostris Bertol.
  • Anthriscus sativa Besser
  • Anthriscus trachysperma Rchb. ex Nyman
  • Anthriscus trichosperma (Lam.) Spreng.
  • Cerefolium cerefolium (L.) Britton
  • Cerefolium sativum Besser
  • Cerefolium sylvestre Besser
  • Cerefolium trichospermum Besser
  • Chaerefolium cerefolium (L.) Schinz
  • Chaerefolium trichospermum (Schinz & Thell.) Stankov
  • Chaerophyllum cerefolium (L.) Crantz
  • Chaerophyllum nemorosum Lag. ex DC.
  • Chaerophyllum sativum Lam.
  • Scandix cerefolium L. basónimo
  • Scandix tenuifolia Salisb.[6]

Nome común[editar | editar a fonte]

  • Galego: cerefolio, cerefollo, pirifol[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. 2,0 2,1 Vaughan, J.G.; Geissler, C.A. (1997). The New Oxford Book of Food Plants. Oxford University Press.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Anthriscus cerefolium". Plantas útiles: Linneo. http://www.linneo.net/plut/index2.htm. Consultado o 27 de octubre de 2009.[Ligazón morta]
  4. "Cerefolio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/1700828. Consultado o 1 de octubre de 2012.
  5. en Epítetos Botánicos
  6. Cerefolio en PlantList
  7. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago de Compostela, Imp. Seminario Conciliar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  2. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, New York.
  3. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  4. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
  5. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  6. Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Part 4. 1117–1711 pp. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerefolio
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerefolio