Antonio Pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Pais
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1938
Lugar de nacemento Padrón
Falecemento 13 de marzo de 2018
Lugar de falecemento Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pais Castroagudín, nado en Padrón o 7 de decembro de 1938[1][2] e finado o 13 de marzo de 2018[3] en Santiago de Compostela, foi un xogador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun rexistrador da propiedade de Padrón, Pais tivo tres irmáns. Comezou a xogar no Club Arenal de Santiago. No campo, Antonio Pais era centrocampista.

O adestrador do Arenal era tamén o seleccionador xuvenil de España, e convocouno para o Campionato de Europa Xuvenil de 1957, onde España quedou subcampioa. Do Arenal pasou ao Xuvenil da Coruña, pero axiña regresaría a Santiago de Compostela, ao Club Santiago, que daquela xogaba en Terceira división, e co que quedaría quinto.

Pais fichou en 1958 polo Celta de Vigo, para xogar en Segunda división, onde permaneceu dúas tempadas. En 1961 fichou polo FC Barcelona, co que disputou os seus primeiros partidos en Primeira división. Aínda que fichara por tres anos, ao ano seguinte, 1962, foi cedido ao Mallorca[4]. En 1963 fichou polo Real Zaragoza, onde xogaría durante seis anos e onde acadaría os seus títulos: dúas Copas do Xeneralísimo (1964 e 1966) e unha Copa de Feiras (1964). Coincidiu naquel conxunto con outros importantes xogadores de fútbol español dos anos sesenta, entre eles os chamados Cinco Magníficos (Canário, Lapetra, Santos e Villa, e mais o galego Marcelino), e con outros como o lugués Reija ou Santamaría. retirouse en 1968 no Real Zaragoza[5]. No decurso da súa carreira profesional, Pais disputou 170 partidos nas divisións profesionais, e meteu 29 goles[1].

Ao que se xubilou regresou a Galicia e instalouse en Santiago de Compostela, de onde lle era a muller, e Bertamiráns[4].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo unha filla e tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha de Antonio Pais en bdfutbol.com
  2. "Antonio PAIS CASTROAGUDIN". footballdatabase.eu (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  3. Lahoz, R. "Fallece el exjugador del Real Zaragoza Antonio Pais". heraldo.es. Consultado o 2018-03-14. 
  4. 4,0 4,1 Sport (2012-11-25). "Pais: Una estrella fugaz". sport (en castelán). Consultado o 2018-03-14. 
  5. Sport (2018-03-14). "Falleció Antonio Pais, exjugador del Barça la temporada 1961-62". sport (en castelán). Consultado o 2018-03-14.