António Ramalho Eanes
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde maio de 2009.) |
António dos Santos Ramalho Eanes, (Castelo Branco, 25 de xaneiro de 1935) é un oficial militar e ex-político portugués. Foi o primeiro presidente da República democraticamente elixido despois da revolución de 1974.
Traxectoria [editar]
Ramalho Eanes naceu en Alcains, concello de Castelo Branco nunha familia humilde. Fillo de Manuel dos Santos Eanes e Maria do Rosário Ramalho. A súa formación ten inicio en 1942, cando entra no Liceu de Castelo Branco. Entra no exército en 1952, estudando tácticas militares (Escola do Exército, de 1952 a 1956; Curso de Instrución de Operacións Especiais, en 1962; instrutor de Acción Psicolóxica no Instituto de Altos Estudos Militares, en 1962). No exército, Ramalho Eanes segue a rama de Infantería. Serve na Guerra Colonial onde combateu na India Portuguesa, Macau, Mozambique, Guinéa-Bissau e Angola. Despois dunha dilatada carreira de combatente, Eanes atopábase aínda de servizo en Angola cando se levou a cabo a revolución do 25 de Abril. Adheriuse ao Movemento das Forzas Armadas e, xa de regreso en Portugal, foi director de programas e nomeado presidente do consello de administración da RTP, ata marzo de 1975.
En 1975 foi nomeado Xeneral, e dirixiu as operacións militares do 25 de novembro dese mesmo ano, contra a facción máis radical do MFA. En 1976 foi elixido Presidente da República, sendo reelixido a finais de 1980.
Ao final do segundo mandato como presidente da república, en Febreiro de 1986, asume pouco despois a presidencia do Partido Renovador Democrático, dimitindo dese cargo en 1987.
Nomeado Xeneral de catro estrelas o 24 de Maio de 1978, pasou a reserva, por propia iniciativa, em Marzo de 1986. É, actualmente, Conselleiro de Estado.
Está casado con Maria Manuela Duarte Neto de Portugal Eanes.
É Grande Colar da Ordem da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito e Gran-Cruz da Ordem de Cristo.
| República Portuguesa | ||
|---|---|---|
Segue a: Francisco da Costa Gomes |
António Ramalho Eanes | Precede a: Mário Soares |
| Presidente da República Portuguesa | ||