Movimento das Forças Armadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MFA - Rumo à liberdade, Viva o 25 de Abril, pintura mural no Porto, 1974.[1]

O Movimento das Forças Armadas ou MFA foi unha organización constituída dentro do exército portugués durante a ditadura de Salazar, que tivo un papel destacado no comezo da Terceira República Portuguesa. Estaba formada na súa maioría por oficiais de baixa gradación. Foi responsable do golpe militar coñecido como a Revolución dos Caraveis, que terminou có Estado Novo en Portugal o 25 de abril de 1974.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezou en 1973 como un movemento de mozos oficiais que estiveran loitando na Guerra Colonial de África. O MFA estaba constituído por militares de ideas esquerdistas. Os motivos que movían ós membros deste grupo de militares eran o desexo de liberdade democrática e o descontento pola política seguida polo goberno en relación á Guerra Colonial. Os seus principais obxectivos eran o fin da guerra sucia, a retirada das colonias de África, eleccións libres e a supresión da policía política portuguesa, a PIDE.

A súa acción máis relevante foi a do golpe de estado da Revolución dos Caraveis. O 25 de abril de 1974, o MFA tomou os puntos estratéxicos do país e o réxime salazarista derrumbouse. As tropas foron comandadas no terreo por diversos capitáns, entre os cales un dos máis importantes foi Salgueiro Maia, que comandou ás tropas que viñan da escola de cabalaría de Santarém. No cuartel de Pontinha, as operacións eran dirixidas polo brigadista Otelo Saraiva de Carvalho.

Durante o coñecido como Proceso Revolucionario en Curso, o MFA tivo un importante papel na vida política portuguesa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]