Animal Collective
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Animal Collective | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Baltimore, Maryland, |
| Período | 2000 - actualidade |
| Xénero(s) | experimental, pop sicodélico, neo-psychedelia, indie rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Animal, Catsup Plate, St. Ives, Paw Tracks, Fat Cat, Domino |
| Membros | David Portner (Avey Tare) Noah Lennox (Panda Bear) Brian Weitz (Geologist) Josh Dibb (Deakin) |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://myanimalhome.net/ |
Animal Collective é unha banda orixinaria de Baltimore, Maryland, baseada na actualidade en New York. Animal Collective está composta por Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox), Deakin (Josh Dibb) e Geologist (Brian Weitz). Os discos gravados baixo o nome Animal Collective pode incluir contribucións dalgúns ou todos eses membros, xa que a formación non é uniforme. Os seus membros coñecéronse na escola e comezaron a gravar xuntos a unha idade moi temperá. A banda tamén dirixe o selo Paw Tracks no cal editaron o seu propio material, así como o de outros artistas.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished - 2000 (Animal)
- Danse Manatee - 2001 (Catsup Plate)
- Campfire Songs- 2003 (Catsup Plate)
- Here Comes the Indian - 2003 (Paw Tracks)
- Sung Tongs - 2004 (FatCat Records)
- Feels - 2005 (FatCat Records)
- Strawberry Jam - 2007 (Domino Records)
- Merriweather Post Pavilion - 2009 (Domino Records)
- ODDSAC - 2010 (Plexifilm/Swiss Dots) En formato DVD