Painting With

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Painting With
Álbum de Animal Collective
Publicado19 de febreiro de 2016
Gravación2015
Estudio(s)EastWest Studios, Hollywood
Duración41:02
Xénero(s)pop psicodélico
Selo(s)Domino
Cronoloxía
Live at 9:30 Painting With The Painters

Painting With é o décimo álbum da banda de pop experimental Animal Collective, publicado o 19 de febreiro de 2016 a través do selo Domino. O disco é unha continuación de Centipede Hz (2012), e conta con contribucións de John Cale e Colin Stetson.[1] Chegou ao número 46 na lista Billboard 200. Publicáronse tres sinxelos deste disco: "FloriDada" (2015), "Lying in the Grass" e "Golden Gal" (ámbolos dous en 2016). No ano seguinte tamén se publicou un EP de acompañamento, The Painters.

Para Painting With a formación da banda consistía en Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox) e Geologist (Brian Weitz), o mesmo trío que participou en Merriweather Post Pavilion (2009).[2] Deakin (Josh Dibb), que volvera á banda en novembro de 2010 para Centipede Hz e xirou con ela entre 2011 e 2013 non aparece neste traballo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "FloriDada"   4:05
2. "Hocus Pocus"   3:16
3. "Vertical"   4:14
4. "Lying in the Grass"   3:34
5. "The Burglars"   2:43
6. "Natural Selection"   2:41
7. "Bagels in Kiev"   2:48
8. "On Delay"   3:48
9. "Spilling Guts"   1:58
10. "Summing the Wretch"   3:08
11. "Golden Gal"   4:41
12. "Recycling"   4:06
41:02

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Animal Collective Announce New Album Painting With, Share "FloriDada"". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  2. Rolling Stone (ed.). "Animal Collective Talk Escaping Reverb on 'Minimal' 10th Album 'Painting With'". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.