Sung Tongs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sung Tongs
Álbum de Animal Collective
Edición: 1 de xuño do 2004
Datas de gravación: setembro do 2003
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: freak folk, psych folk
Selo(s): Fat Cat Records
Producido por: Animal Collective
Cronoloxía
Here Comes the Indian Sung Tongs Feels

Sung Tongs é o quinto álbum da banda estadounidense de indie rock Animal Collective, editado o 1 de xuño do 2004 a través do selo Fat Cat Records.

A pesar de que aparece co nome 'Animal Collective', só dous dos catro membros do grupo gravaron nel: Avey Tare (David Portner) e Panda Bear (Noah Lennox). No álbum, Portner e Lennox utilizan guitarras acñusticas e baterías de estilo tribal; a guitarra eléctrica, un elemento importante no álbum anterior da banda, Here Comes the Indian, non aparece por ningures. Isto levou ao grupo a un son máis próximo ao psych folk e ao freak folk.

Sung Tongs é xeralmente considerado o disco que levou a Animal Collective á fama; foi aclamado pola crítica e tras a súa publicación apareceu frecuentemente nas listas dos mellores discos do ano 2004.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Leaf House" – 2:42
  2. "Who Could Win a Rabbit" – 2:18
  3. "The Softest Voice" – 6:46
  4. "Winters Love" – 4:55
  5. "Kids on Holiday" – 5:47
  6. "Sweet Road" – 1:15
  7. "Visiting Friends" – 12:36
  8. "College" – 0:53
  9. "We Tigers" – 2:43
  10. "Mouth Wooed Her" – 4:24
  11. "Good Lovin Outside" – 4:26
  12. "Whaddit I Done" – 4:05