Angus Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angus Young
AngusYoung.JPG
Angus Young con AC/DC o 31 de marzo de 2008, Saint Paul, Minnesota.
Nome completo Angus McKinnon Young
Alias Angus Young
Naceu 31 de marzo de 1955
Orixe Escocesa, pero reside en Australia.
Ocupación (s) Músico
Compositor
Xénero Rock and Roll
Hard rock
Instrumento(s) Guitarra eléctrica
Selo(s) discográfico (s) EMI
Epic Records
Atlantic Records
Albert Records
Relacionado con AC/DC
Tempo en activo 1973 - Actualidade

Angus McKinnon Young (nado o 31 de marzo de 1955) é un guitarrista australiano de orixe escocesa máis coñecido por ser o co-fundador, guitarra solista, e compositor da banda de hard rock, AC/DC. Coñecido polas súas enérxicas actuacións, os seus uniformes de colexial e o popular baile de pato orixinal de Chuck Berry, a revista Rolling Stone clasificou a Young como o numero vinte e catro na lista dos mellores guitarristas de todos os tempos. En 2003, el e os demais membros de AC/DC foron incluídos no Rock and Roll Hall Of Fame.

Vida e carreira[editar | editar a fonte]

Angus Young, o máis cativo dos oito fillos de William (1991-1985) e Margaret Young (1913-1988), naceu en Glasgow, Escocia. Deixou a escola aos 15 anos. En 1963, emigrou a Sydney, Australia, con seus pais, seus irmáns maiores Malcolm e George , e a irmá maior de Margaret. O seu irmán maior Alex, quedouse en Escocia e máis tarde formou o grupo con sede en Londres, Grapefruit. Angus comezou a tocar banjos, pero instaloulle seis cordas a estes. Angus comezou a tocar a guitarra acústica cun modelo barato comprado de segunda man pola súa nai. A primeira Gibson SG de Angus era de segunda man e foi comprada arredor do ano 1970 nunha tenda de música na mesma rúa na que vivía: - `` Saín do coche e tiña un Gibson SG que toquei ata que se pudriu a causa do sudor e da auga que se meteu nela. Tiña o mástil todo torto. Compreina de segunda man, un modelo de 1967. Tiña un mástil realmente delgado, moi liso, coma se estivera personalizado. Era de cor marrón escura.´´

Formación de AC/DC[editar | editar a fonte]

Angus Young(dereita) e Brian Johnson(esquerda) en St. Paul, Minnesota, o 23 de novembro de 2008.

Antes de formar AC/DC, Young tocou nun grupo local chamado Kantuckee con Bob MacGlynn (voz), Jon Stevens (baixo) e James Trevor (batería). A banda separouse e cambiou o seu nome por Tantrum, mantendo a todos os compoñentes salvo o cantante, que se substituíu por Mark Sneddon. Young tiña 18 anos cando formou con irmán maior Malcolm, AC/DC en 1973 con Angus como guitarrista, Malcolm a guitarra rítmica, Colin Burgess á batería, Larry Van Kriedt ao baixo y Dave Evans como cantante. ‘’Can I sit next to you girl’’ o seu primeiro éxito, foi posteriormente re-gravado con Bon Scott como vocalista. Créese que o nome do grupo escolleuse despois de ver gravadas as letras ‘’AC/DC’’ na parte posterior da máquina de coser da súa irmá Margaret, ou que foi atribuído a muller de George Young, Sandra.

Angus probou numerosos traxes para os concertos, como Spider-Man, o Zorro, un gorila, e, como parodia de Superman, levou un co nome de Super-Ang, antes de decidirse pola súa firma de vestimenta de colexial, que fora suxestión da súa irmá. Para igualar a súa imaxe, díxoselle á prensa e ao público xove que Angus nacera en 1959, non en 1955. O uniforme orixinal era da súa escola de secundaria, Ashfield Boys High School en Sydney: -``Non me gusta tocar por debaixo nin por encima da cabeza da xente. Basicamente prefiro estar enfronte dunha multitude e rachar cara arriba’’

Vida persoal e acontecementos recentes[editar | editar a fonte]

Young prefire manter a súa vida privada. El e a súa muller Ellen viven en Kangroo Point na Comarca Sutherland, en Sydney, e tamén teñen unha casa en Aalten, Países Baixos, de onde é a súa muller. A pesar de ser un gran fumador, Angus abstense. O 24 de agosto do 2006, Young recibiu o Premio Kerrang da revista Legend do editor Paul Brannigan. Brannigan dixo de AC/DC que era ‘’unha das bandas de rock máis importantes e influentes da historia’’. O 16 de maio do 2012, Young foi nomeando o mellor guitarrista australiano de todos os tempos nunha enquisa realizada pola revista Australian Guitar.

Equipo[editar | editar a fonte]

Guitarras[editar | editar a fonte]

Angus Young empregou Gibson SG de distintos modelos (a orixinal, e a base do seu modelo actual da súa propia firma, foi unha SG Standard de 1970) ao longo da súa carreira. Tamén utilizou unha versión modificada da SG, chamada SG Jaydee, que foi creada para Angus por Jaydee Guitars. Na SG Jaydee aparece a firma de Young, un raio incrustado no diapasón. Gibson fixo unha SG para Angus con raios incrustados nos pernos para substituír á SG Jaydee. A SG de Young de 1970 ten unha mellora de pastillas en T. Outra SG de 1964 que empregou na gravación de Ballbreaker, ten as súas pastillas # patentadas. Todas elas teñen unha saída vintage-Alnico II e V con bobinas emparelladas de xeito tradicional 7.5k ohmios de lectura. Todas as súas pastillas son as orixinais que viñan coa guitarra. Emprega cordas Ernie Ball Super Slinky (dende 0.009 ata 0.042)

A SG de Angus Young[editar | editar a fonte]

Angus Young e a Gibson Guitar Corporation colaboraron xuntos para facer a SG de Angus Young. Conta cunha pastilla deseñada polo propio Young (a Humbucker Angus Young Signature) na posición da ponte e unha humbucker´57 Classic no mastro. O mastro ten unha Lightning Bolt incrustada.

Amplificadores[editar | editar a fonte]

Young principalmente emprega unha versión reeditada do Marshall 1959 co modelo de 1960 AX e BX en caixas de 4x12 Celstios G12M e cargados con GreenBacks.

Efectos[editar | editar a fonte]

Young no escenario.

O único efecto que Young incluíu foi o Schaffer´Vega Diversity System, unha unidade inalámbrica que comezou a empregar en 1977. Non só se emprega como unidade inalámbrica, senón que tamén se empregou como compresor e reforzo para contribuír a engordar o ton. Dende que o engadiu a súa plataforma, foi empregado en varios álbums no estudio para elixir guitarras rítmicas e todas as guitarras de acompañamento. Aínda emprega este equipo en directo hoxe en día.

Influencias[editar | editar a fonte]

Angus Young declarou que comezou a tocar a guitarra cando: -´´ Eu era pequeno, pequeniño. Creo que arredor dos cinco ou seis anos. Aí foi cando comecei a escoitar Little Richard´´. O estilo enérxico de Young á hora de tocar, é unha influencia para moitos xoves guitarristas de rock n’ roll. Cando á banda canadense Anvil se lle preguntou cómo era ir de xira conAC/DC, mencionaron que Angus Young ten un gran corazón e que debería levar a AC/DC a Calgary.

Nunha entrevista con The Guitar Show, Angus sinalou as súas influencias e incluíu ao seu irmán MalcolmYoung, a Chuck Berry, a Freddie King e a Muddy Waters, mentres relataba a outros como Jimi Hendrix, John Lee Hooker e The Kinks ``You really got me’’. Young indicou tamén que el estivo influenciado por Keith Richards, asi como o estilo de Chuck Berry incluíndo bromas co público, tocando a guitarra e facendo o baile de pato. Cando a banda quixo facer unha versión as cancións de Chuck Berry nos seus primeiros anos, o público recoñeceu a canción, pero comentou que as súas interpretacións eran moi diferentes á orixinal.

Estilo[editar | editar a fonte]

Young en directo en 2001 no Stiff Upper Lip tour en Alemaña.

A maneira de tocar de Angus Young centrase tanto na escala menor de blues como na pentatónica maior de blues dende o doceavo traste. Nas gravacións anteriores de AC/DC podemos distinguir os power chords de cancións como ``TNT´´ e ``It’s a long way to the top (if you wanna Rock n’ Roll)´´. Tamén emprega toques de folk escocés, tocando arpéxios en pull-off (cunha soa man), que son un truco popular, aparecendo en cancións como ``Who made who´´, ``Dirty deeds done dirt cheap´´, ``Sin city´´, ``Thunderstuck´´ e ``Let there be rock (live)’’. En 1976, a banda gravou un arranxo instrumental da canción tradicional escocesa ‘’Loch Lomond’’, renomeada ``Fling thing´´, que apareceu no seu repertorio de concertos durante moitos anos. O título refírese a Highland Fling. Young ocasionalmente forma parte dos coros xunto a Malcolm e o baixista Cliff Williams en cancións como ``TNT´´ e ``Dirty deeds done dirt cheap´´.

Unha crítica común de AC/DC é que as súas cancións son fórmulas excesivamente simples. En resposta a iso, Young declarou nunha entrevista en 1979 coa Atlanta Gazette: -``É soamente rock n’ roll. Xa nos criticaron moitas veces por iso. Unha grande cantidade de traballos musicais saen coa crítica de: ´´Cando van a deixar de tocar con eses tres acordes?´´ Se vostede cree que non se debe tocar soamente con tres acordes e bastante parvo pola súa parte. Para nós, canto máis simple unha canción mellor, porque é mellor un acorde ca unha persoa na rúa’’

Posta en escena[editar | editar a fonte]

Angus Young e coñecido polas súas numerosas pallasadas ao máis puro estilo silvestre: dando saltos intensos, correndo cara atrás e cara diante a través da multitude...Unha vez que Young rube sobre Bon Scott ou sobre os ombros de Brian Johnson durante un concerto, estes camiñan entre o público mentres Young, cunha mochila da que sae fume, leva a cabo unha improvisación. En xeral durante a canción ``Rocker´´ con Scott ou durante a canción ``Let there be rock´´ con Johnson. Con frecuencia realiza o baile do andar de pato propio de Chuck Berry e coma un espasmo, tirase ao chan e comeza a dar patadas, a zarandearse e a xirar en círculos mentres toca a guitarra. A primeira vez que finxiu un espasmo, foi para evitar a vergonza que lle supoñía tropezarse cun cable durante o concerto.