Angela Saini
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1980 (43 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Oxford King's College de Londres |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo, TV presenter (en) e enxeñaría mecánica |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | xornalista , escritora , television journalist (en) |
Empregador | British Broadcasting Corporation (–2008) |
Lingua | Lingua inglesa e lingua checa |
Premios
| |
Páxina web | angelasaini.co.uk |
Angela Saini, nada en Londres en 1980, é unha galardoada xornalista científica con formación en ciencias e enxeñaría. Presenta regularmente programas científicos na BBC Radio, e os seus escritos apareceron en New Scientist, The Guardian, The Times e Wired. O seu libro Inferior tivo grande éxito de crítica e foi nomeado Physics World Book of the year no ano 2017.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Angela ten un máster en enxeñaría pola Universidade de Oxford e foi membro do Programa de Periodismo Científico do Massachusetts Institute of Technology (MIT). O seu xornalismo recibiu eloxios e gañou importantes premios, entre eles o premio da Asociación de Escritores Científicos Británicos e o premio de ouro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia.[1][2]
Libros[editar | editar a fonte]
Saini publicou o seu primeiro libro en 2011, Geek nation: How Indian science is taking over the world (“Nación geek: Cómo a ciencia india está conquistando o mundo”). En 2017 publicou Inferior: How Science Got Women Wrong and the New Research That’s Rewriting the Stor ("Inferior: Como a ciencia infravalora á muller e como as investigacións reescriben a historia"),onde desmonta unha falsa verdade biolóxica: as mulleres non son débiles, nin física nin mentalmente. E no 2019 Superior: The return of race science (“Superior: O retorno da ciencia racial”), obra na que analiza o papel da ciencia na difusión do racismo e os estereotipos raciais[3], que foi elixido por Nature como un dos 10 libros do 2019.[4]
Televisión[editar | editar a fonte]
- Saini apareceu no programa University Challenge representando ao King's College London, xunto a Anita Anand (capitá), Zoe Laughlin, e Anne Dudley.[5]
- Saini presentou o documental Eugenics: Science's Greatest Scandal, co activista Adam Pearson.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Regueifas de ciencia. Angela Saini". Consultado o 12-3-2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Angela Saini". Arquivado dende o orixinal o 27-05-2020. Consultado o 12-3-2020.
- ↑ [1]Mateu, Anna. "Entrevista a Angela Saini.«Somos seres biológicos, sociales y culturales»". Mètode 2019 - 102. Ciencia y nazismo - Volumen 3 (2019).
- ↑ "Nature’s top ten books of 2019". Consultado o 30 decembro 2019.
- ↑ "Christmas University Challenge alumni line-up announced". Consultado o 2 xaneiro 2019..
- ↑ "Eugenics: Science's Greatest Scandal". Consultado o 7 marzo 2020.