Murénidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Muraenidae»)
Murénidos
Muraenidae

Rango fósil: mioceno - actualidade [1]

Muraena helena no Aquarium Finisterrae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Muraenoidei
Familia: Muraenidae
Rafinesque, 1810
Xéneros
  • Véxase o texto
Mandíbulas externas e farínxeas dun murénido.
Cabeza de Gymnothorax fimbriatus.

A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.

Características[editar | editar a fonte]

Teñen o corpo serpentiforme, que chega a medir até 150 cm, e carecen normalmente de aletas pectorais e pelvianas; a aleta dorsal nace na parte posterior da cabeza e se estende por todo o dorso, uníndose coa aleta caudal.

A cabeza é longa, e está dotada de fortes mandíbulas adaptadas á captura das súas presas. Os ollos son pequenos, ao igual que as branquias.

Carecen de escamas, e a mucosa que cobre o corpo é tóxica en moitas especies.

A coloración é irregular para favorecer a cripse.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Habitan en arrecifes coralinos e zonas costeiras rochosas, o que lles permite, grazas ao seu corpo serpiforme, axexar ás súas presas desde as fendas onde se agochan.

Son voraces predadores, alimentándose doutros peixes, cefalópodos e crustáceos. Outras moreas e meros encóntranse entre os seus escasos depredadores.

Adoitan seren moi agresivas e aínda que a súa mordedura non é velenosa si é moi dolorosa.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia componse de dúas subfamilias e quince xéneros recoñecidos:[2][3]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]