Ali Sadpara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAli Sadpara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata
Gilgit-Baltistão, Paquistán (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
K2 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaquistán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescaladora (pt) Traducir , Carregador (pt) Traducir , montañista Editar o valor em Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor em Wikidata

Facebook: muhammadalisadpara Editar o valor em Wikidata


Muhammad Ali Saspara, nado en Sadpara en 1972, desaparecido en febreiro de 2021 e declarado morto en xullo de 2021,[1] foi un alpinista paquistaní[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa relación coa alta montaña no ano 2000 traballando como porteador para expedicións estranxeiras no seu país. Non tardou en destacar facendo traballos na sombra e case sen facer ruído conquistou, agás o K2, todos os oitomiles de Paquistán. Gasherbrum I, Gasherbrum II, Broad Peak e Nanga Parbat.

Saltou á palestra no 2016 tras ser o primeiro ser humano e chegar a cima do Nanga Parbat durante a tempada invernal[3], acompañado por Alex Txikon e Simone Moro. O vasco Alex Txikon, líder oficial da expedición, recoñeceu a Sadpara como o líder natural da mesma[4] e incluso algúns alpinistas internacionais cualifícano como o único responsable do éxito da expedición, restándolle méritos a Moro e Txikon[5].

En febreiro de 2021 perdía a vida xunto ó chileno Juan Pablo Mohr e o islandés John Snorri Sigurjonsson durante un intento invernal de acadar o cumio do K2[6]. A finais de xullo do mesmo ano o alpinista ucraino Valentyn Sypavin atopou os corpos de Sadpara e os seus dous acompañantes[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morto sul K2 alpinista scozzese, recuperati altri tre corpi - Asia". Agenzia ANSA (en italiano). 2021-07-26. Consultado o 2023-08-30. 
  2. "Muhammad Ali Sadpara - Altitude". altitudepakistan.blogspot.com.es (en inglés). Consultado o 2016-08-31. 
  3. S.L.U., Barrabes Esquí Montaña. "1ª cima invernal Nanga Parbat: fotos de cumbre - Barrabes.com". Barrabes.com. Consultado o 2016-08-31. 
  4. "Ali ‘Sadpara’: “Mi labor es siempre invisible” | Alex Txikon". alextxikon.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-31. 
  5. "Ponen en duda el éxito de Álex Txikon en el Nanga Parbat" (en castelán). 2016-02-03. Consultado o 2016-08-31. 
  6. "Pakistan's Ali Sadpara: The climber who never came back from K2". BBC News (en inglés). 2021-02-19. Consultado o 2021-08-10. 
  7. "“I Found One of the Bodies on K2” — An Exclusive Report". Explorersweb. 2021-08-09. Consultado o 2021-08-10.