Alfredo Alcalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo Alcalá Navarro, nado en Ballesteros de Calatrava (Ciudad Real) o 9 de xaneiro de 1940, é un arquitecto castelán vinculado a Galicia. É irmán do escritor galego Xavier Alcalá.

[editar] Traxectoria

Titulouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, o 29 de abril de 1967, na especialidade de Restauración de monumentos. Está colexiado nos Colexios Oficiais de Arquitectos, de Galicia co nº 75; de Andalucía oriental co nº 3550 e de Madrid co nº 1929.

Desde abril de 1984 é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, no departamento de Proxectos.

É autor de numerosas obras dentro e fóra de Galicia. Entre as suas obras máis singulares están as intervencions levadas a cabo no campus universitario de Esteiro (Ferrol), entre elas destaca a facultade de Humanidades. Tamén é autor da restauración e reutilización do Convento de San Roque de Santiago de Compostela, da restauración do foxo do arsenal militar de Ferrol, da rehabilitación dun edificio do século XVII no casco histórico da Magdalena para o Ateneo Ferrolán, o deseño do Estadio Municipal da Malata, do trazado do barrio de Esteiro, ou as actuacións de restauración e rehabilitación levadas a cabo no Pazo da Merced de Neda, para o seu uso como vivenda, estudio de arquitectura, e establecimento de Turismo Rural.

[editar] Obra

A súa obra fíxoo acredor de numerosos premios, entre os que salientan:

  • Segundo premio do concello de Fene no deseño da casa consistorial (1977).
  • Primeiro premio no concurso para o deseño dun grupo de vivendas en Caranza (1981).
  • Primeiro premio do concurso de ideas para a instalación do porto deportivo de Caranza (1988).
  • Primeiro accésit no concurso de proxecto básico de reforma no mercado de Abastos de Pontevedra (1998).
  • Gañador do III premio de arquitectura Rodolfo Ucha Piñeiro (2006).[1]

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas