Alfred Jarry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfred Jarry
Datos persoais
Nacemento 8 de setembro de 1873
Lugar Laval, Mayenne, Francia
Falecemento 1 de novembro de 1907
Lugar París, Francia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua francesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros surrealismo, Teatro do Absurdo
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

Alfred Henri Jarry[1], nado o 8 de setembro de 1873 en Laval, Mayenne e finado o 1 de novembro de 1907 en París[1], foi un dramaturgo, novelista e poeta francés, coñecido polos súas hilarantes obras de teatro e o seu estilo de vida disoluto e excéntrico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Laval, fillo de Anselme Jarry, un acomodado negociante de cadros, e Caroline Quernest. Despois do fracaso comercial da empresa do seu pai, a súa nai márchase a vivir cos seus dous fillos a Saint-Brieuc e logo a Rennes, en Bretaña, onde Alfred Jarry cursa os seus estudos secundarios. Recibe unha esmerada educación. En outubro de 1891 chega a París para estudar no Instituto Henri IV onde será alumno de Henri Bergson xunto co poeta Léon-Paul Fargue; tralo bacharelato presentouse en tres ocasiones ao concurso de acceso á École Normale Supérieure, pero no ingresou. Ingresou entón na Sorbonne para cursar estudos de literatura pero non logrou licenciarse. Obtivo pronto o éxito literario cos seus poemas en verso e o seu prosa orixinal. Aos vinte anos publicou a súa primeira obra. Pouco despois morreu a súa nai; e aos dous anos, o seu pai, quen lle deixou unha boa herdanza, o cal, sumado ao éxito cedo das súas obras, permitiulle levar unha existencia despreocupada durante boa parte da súa vida.

Coñece a Marcel Schwob, Alfred Vallette (director do Mercure de France) e a súa muller Rachilde. Na casa da parella, dá en 1894 a primeira representación de Ubú Rei. Redacta artigos para o Mercure de France e a La Revue Blanche, onde colaboraban os escritores e artistas máis prestixiosos da época.

De 1894 a 1895, dirixe con Remy de Gourmont a luxosa revista artística Ymagier. Contrariado con de Gourmont, decide fundar a súa propia revista de estampas, Perhindérion, da que se publicarán só dous números. En 1896 empeza a traballar para o director Aurélien Lugné-Poë que lle confía a programación da tempada do Théâtre de l'Œuvre, en París, onde ten lugar o estreo de Ubú Rei o 10 de decembro de 1896.

A obra é parte dun ciclo de varias obras, cuxa primeira versión escribiu aos 15 anos inspirándose nun dos seus profesores do instituto de Rennes, que segundo Jarry encarnaba "todo o grotesco que poida haber no mundo". Logo das primeiras funcións no Théâtre de l'Oeuvre, a obra representouse no teatro de marionetas Théâtre de las Pantins, en París, con marionetas creadas polo seu amigo o pintor Pierre Bonnard.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 http://www.enotes.com/alfred-jarry-criticism/jarry- alfred-79737 Alfred Jarry Criticism